luns, 27 de abril de 2020

REMATA A NOSA VIAXE ESPACIAL!!!

Imaxe obtida en Pixabay.com
Esta semana será a última da nosa misión espacial.
Non vos preocupedes. Xa buscaremos outras aventuras nas que embarcarnos. Antes de acabar debemos facer unhas cantas tarefas  para deixar todo ben atado. O saber non ocupa lugar.
Hoxe, dende o índice, premeredes sobre semana final  e aí xa tedes todo o traballo  nos diferentes botóns. Debedes ter claro que o marcado é unha maneira de organizar o que tendes que facer pero creo que está repartido. Un pouquiño cada día.
Na proposta desta semana falamos dunha fila de contas diaria. Podedes facelo como queirades. A ficha xa a tendes o domingo na aula virtual e teredes que entregala (por correo coma sempre) o xoves 30. A organización que poño é unha suxestión. O resto de traballo entregádeo, por favor, por orde e dentro da semana correspondente.
Non me esquecín  da publicación dos foguetes espaciais. Estou esperando por se hai algún rezagado/a.
Xa dixemos que nesta entrada tendes o de toda a semana. Se publicase outras entradas  lembrade que podedes acceder aos exercicios na pestana que hai arriba da columna da dereita.
A POLA SEMANA.QUE É CURTIÑA!!!

4 comentarios:

  1. Nosotros hoy estamos de fiesta y toda esta semana es un puente enorme. Es el patrón de nuestra provincia y no lo podemos celebrar juntos, así que haré un talo y un choripán y a celebrarlo en familia. Muchos besotes.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Es una pena no poder celebrarlo juntos, Blanca, pero seguro que volveremos a hacerlo. De todas maneras disfruta de tu familia, que seguro agradecen esos manjares que les vas a preparar.
      Besotes, guapa.

      Eliminar
  2. ¡Muy bonito y entretenido!
    O saber non ocupa lugar, y el viaje espacial me ha encantado.
    Un bico forte, Anabel.


    ResponderEliminar