Imaxe de Reimund Bertrams para Pixabay.com
Xa chegou o venres e podemos respirar a fin de semana!!! Claro que si!!! Aínda que estemos na casa podemos facer cousas diferentes ao resto da semana. Antes de gozar da mesma esta é a proposta de hoxe. Atoparédela en Xúpiter!!!
Hoxe é o Día Mundial do Teatro e para celebralo pensei en darvos algunha idea na entrada de mañá; parécevos? Así facemos da finde algo diferente.
Para que vexades que a profe tamén fixo o traballo do diario, aquí volo deixo. A idea era facelo todo á man. Non prometo seguir facéndoo porque teño que buscarvos cousiñas a vós que vos gusten e non me da tempo a todo. Entendédelo, non?
Quero compartir con vós as fantásticas ideas da vosa compi María para axudar aos demais: bailar a muiñeira, saír ao balcón a aplaudir, ler moito e ver pelis. Creo que son moi boas recomendacións. Propóñovos que me mandedes foto ou vídeo facendo algunha destas cousas. Intento colgalo, vale?
ESPERANDO AS FOTOS DOS VOSOS TRAXES ESPACIAIS!!!!
Excelentes ideas para quedarse en casa.
ResponderEliminarSaludos.
Muchas gracias, Mirian. Es lo que toca.
EliminarBesos.
El blog es un medio estupendo para darle indicaciones de trabajo a los chavales. Es una propuesta muy interesante. Un besote.
ResponderEliminarYo también lo creo, Blanca.
EliminarUn abrazo.