venres, 14 de febreiro de 2020

QUE IMPORTANTE, O AMOR.

Imaxe de PIRO4D en Pixabay.com
Que importante é o amor nas nosas vidas! Hoxe, na aula, estivemos  dicindo todas as cousas que nos gustan dos demais e por que os queremos. Menos mal nos queremos todos os días e poderemos repetir experiencia!!!
Para celebrar este día de amor e amizade vouvos deixar unha pequena compilación de contos sobre o amor para ler con nenos/as. Recollina na páxina Bebés y más. A ver que vos parecen!!!

Supoño que vos destes conta do cambio de imaxe  que se produciu no blogue. Pois ben, iso tamén é por amor a vós, os lectores/as. Tiven uns "problemiñas" de sofware malicioso por causas de enlaces antigos e demais. Así é que un técnico moi simpático me recomendou un cambio que simplificara a imaxe deste recuncho. Xa empecei coas reformas pero xa sabedes como vai isto.... Con caaalma!!!
Espero que vos guste!!!! E fágoo con moito amor!!!
FELIZ DÍA!!!

2 comentarios:

  1. Seguro que me gusta el cambio de imagen, lo importante es que superaste las dificultades. Espero que la hayas pasado muy bien este día.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar