domingo, 16 de xuño de 2019

UN POUCO DE TODO.

Imaxe obtida en Pixabay. com
Inmersos no final do curso andamos  a millón e, na maioría dos casos, non damos chegado a todo. Hoxe coméntovos algunha celebración que quedou rezagada.
-Día Mundial do Doador de Sangue (14 de xuño).
Imaxe obtida na rede
 Celebramos o agasallo de vida  que fan os doadores  voluntariamente e que permite salvar moitas vidas. Na páxina da Organización Mundial da Saúde tendes máis información.
-Día Nacional das Linguas de Signos Españolas (14 de xuño)).
Imaxe obtida na rede
Este ano celebrouse a cuarta edición deste evento, que quere compartir e promover  a lingua de signos española  (LSE)  e a lingua de signos catalana. Escolleuse o 14 de xuño porque, nesa mesma data no ano 1936, se constituía a Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE).
Seguide aprendendo na páxina de Somos pacientes.
-Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Maltrato na Vellez (15 de xuño).
Imaxe obtida en Pixbay.com
Cando vin esta data encolléuseme o corazón. Se fai uns días falabamos dun dos grupos sociais máis desvalidos ( a infancia), este é outro exemplo de indefensión ante o maltrato. Cada vez a nosa poboación convértese en máis maior,porque aumenta a esperanza de vida, diminúen os nacementos.... E iso xa nos da carta branca para marxinalos? Para desprezalos? Maltratalos? Unha sociedade que non coida, respecta e escoita aos seus maiores está condenada ao  fracaso por varios motivos: porque deixa afundir un dos seus  piares fundamentais, porque sementa o que recollerá na vellez e porque está condenado a repetir os erros pasados  que non quixo escoitar.
Déixovos información sobre o día pero sobre todo a encarga de coidar aos nosos maiores.
FELICES DÍAS!!!

2 comentarios:

  1. ¡Ya en final de curso!Qué rápido pasa todo... Muy importantes esas celebraciones, gracias por compartirlas.
    Besitos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias, Sandra. El tiempo pasa volando.
      Feliz semana.
      Besitos.

      Eliminar