venres, 21 de xuño de 2019

O VERÁN XA CHEGOU!!

Imaxe obtida en Pixabay.com
Hoxe comezou o tan ansiado verán e con el as vacacións de fin de curso. O das vacacións, para os nenos/as, porque os mestres aínda temos cousas que facer (eu, por exemplo, rematar de publicar cousas no blogue). Para que vaiades entrando en materia de verán e as súas posibilidades, botádelle un ollo este listado de actividades en Pequeocio.
O 21 de xuño tamén celebramos a Festa da Música, que non debemos confundir co Día Internacional da Música (21 de novembro)
Clicade na imaxe e teredes toda a información do tema.
Imaxe obtida en Pixabay.com
Non podo pechar esta entrada sin mencionar que onte foi o Día Mundial dos Refuxiados. Esas persoas que se ven obrigadas a fuxir dos seus fogares por causa de conflicto ou persecución, que se quedan sen nada a mercede dun país ou goberno que queira dalles acubillo; aqueles que loitan por conseguir algo mellor. Fixádevos no que pensa Muzoon Almelleham, refuxiada e embaixadora  de Unicef.
Vídeo obtido no canal de Youtube de AprendemosJuntos
No blogue Bibliogtecarios poderedes consultar un interesante listado de literatura infantil para tratar o tema da guerra e dos refuxiados.
FELIZ DÍA!!!

8 comentarios:

  1. Non podo pechar esta entrada sin mencionar que onte foi o Día Mundial dos Refuxiados...
    Gracias Anabel, siempre traes entradas interesantes.
    Te deseo que pases un buen verano. Un descanso muy merecido.
    Biquiños mil

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchísimas gracias, guapa.
      Feliz verán e milleiros de bicos.

      Eliminar
  2. Feliz verano y gracias por todo lo que compartes. Un abrazo

    ResponderEliminar
  3. El verano es una época muy bonita, los más sinceros deseos de que los niños lo disfruten en sus vacaciones. Gracias por el mensaje de los refugiados como dice en el video con educación se pueden alcanzar los sueños.
    Saludos.

    ResponderEliminar
  4. El verano ha venido y no quiere marcharse, estamos en un norte casi sur, jo, qué calor!!!! gracias por las recomendaciones y feliz semana sin peques.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias a ti, Blanca, por pasarte y comentar.
      Buena semana a ti también.
      Besitos.

      Eliminar