Viñeta de DAVILA
E chegou o noso Día, o Día do noso. Creo que Luis Davila está moi acertado na súa viñeta de hoxe, ao reflectir a grandísima sorte que temos de poder calmar a nosa sede de cultura e de saber, bebendo das múltiples fontes que nos rodean. Asemade, somos uns privilexiados ao contar cunha fonte propia. Unha fonte que refresca, que calma a sede e conforta pero, que non se instala no exclusivo; que gosta de compartir, de axudar e enriquecer.
Non deixemos que seque a fonte. Non atranca; engrandece!!
Recordamos ao persoeiro ao que hoxe se lle dedican as Letras, Antón Fraguas.
Imaxe obtida na rede
Xa sabedes que non hai celebración sen música. Quero compartirvos unha peza do último traballo do grupo Evoéh. Ariana e Jesús (voz e guitarra) son dous estupendos artistas, que non son galegos pero que neste disco, puxeron en valor a nosa lingua. A ver se vos gusta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario