Imaxe atopada na rede.
Fai xa cinco anos que, a Sociedad Española de Geriatría y Gerontología (SEGG) e a marca Lindor Ausonia, impulsaron a creación do Día do Coidador. Pretenden poñer en valor a figura da persoa que coida aos nosos maiores; un traballo clave para a nosa sociedade cada vez máis envellecida. Aínda que, non só repararemos dos anciáns, senón que tamén temos que atender aos nenos e as persoas dependentes. Polo tanto, existe a posibilidade de que nas nosas casas alguén precise de coidados que nós lle podemos dar. Todos debemos colaborar na medida das posibilidades que temos. Ás veces, unha aperta , un sorriso ou un aloumiño pode cambiar unha situación e sempre senta ben.
Non esquezades a figura do coidador, de quen estamos a falar, porque eles e elas necesitan ser coidados tamén, xa que a súa carga é moi pesada e o seu traballo duro. Recoñezamos o que valen e axudémoslle no que poidamos. E ti,... a quen coidas?
Vídeo obtido en ABC España
FELIZ DÍA!!!
Gracias por esta útil información. Un abrazo fuerte para toda la semana.
ResponderEliminarGracias a ti por pasarte y comentar.
EliminarUn montón de besos.