Mural realizado polos alumnos/as e mestres/as do noso cole.
Despois os nenos e nenas de todo Infantil interpretaron a cantiga "A roda -roda"(con letra do autor), para , a continuación , facer unha visita guiada virtual pola casa museo de Outeiro de Rei e gozar do baile interpretado polos alumnos/as de 4º, "Caminho de Viseu".
Neste momento tocounos o turno a nós, xunto cos nenos de 2º, que cantamos "O Sol". Vimos un vídeo titulado "Caracol", que recollía as fantásticas producións dos nenos de Infantil sobre o gasterópodo e rematamos cantando "O carro". Como non podía ser doutro xeito, o "Himno Galego" puxo o broche final ao acto.
Clicade na imaxe para ver o vídeo no noso blogue de Normalización.
Na clase fixemos varias actividades relacionadas co autor e coa data, entre elas, colorear un retrato de Manuel María para compoñer un estupendo mural (feito por todo o cole) ao Andy Warhol; tamén fixemos en plástica un individual para nós;investigamos sobre o autor e tamén sobre o carro. Aproveitamos un que tiñamos a disposición en miniatura e dedicámonos a aprender as súas partes.
E entre ensaio e ensaio do poema decidimos ilustralo. Mirade que chulo nos quedou!!!
Clicade na imaxe para ver o vídeo no noso blogue de Normalización.
Montaxe realizada con PiZap.
Este é o vídeo realizado cos nenos/as que agora están en 6º no ano 2013.
¡Feliz día das letras galegas!
ResponderEliminarUn besazo Anabel
¡Moitísimas grazas, Marisa!!!
EliminarBiquiños galegos, guapa.