Tal vez non entendades moi ben o título que usei esta vez para encabezar esta entrada pero todo ten a súa explicación.Xa falamos no post anterior da marabillosa tarde de filloas que pasamos cos nenos e nenas de infantil e iso tiña sentido porque estamos en tempo cocido, filloas e orellas. Pero o pan de millo; vale para todo o ano!!!
O venres, 5 de febreiro, chegou o colofón do noso Entroido coa tradicional festa de disfraces. Así de guapos lucimos as nosa mellores galas.
Comezamos , como en anos anteriores, degustando rosca e chocolate, pero o mellor estaba por vir.
Montaxe realizada con Befunky.
E chegou a hora de merendar con.... Pan de millo!!!
Premede sobre o logo para acceder á súa páxina.
Os fantásticos actores do grupo "Migallas Teatro", María Campos e Carlos Yus,dedicáronnos unha hora longa que nos soubo a risas, a música, a teatro, a nostalxia, a pan de millo e..... a pouco; soubonos a pouco!!!
Grazas a esta actuación, patrocinada pola ANPA e o Cole, puidemos aprender cousiñas sobre Pinocho, asistir á voda da pulga e o piollo, xogar ás adiviñas,lembrar a Dona Carme, coñecer a avoa Manuela......e vivir un montón de divertidas aventuras.
Deixovos un recordatorio do que foi o día.
Montaxe realizada con Befunky.
Grazas, María e Carlos, por tan entrañable espectáculo que nos fixo soñar; sobre todo nestes tempos revoltos!!! Ata a próxima!!!
¡Qué guap@s están tus peques con sus disfraces y qué bien se lo debieron de pasar!
ResponderEliminarGracias,Yoli. Se lo pasaron genial!!!
EliminarUn beso.
Qué pan mas chulo! Os lo pasasteis genial.
ResponderEliminarun besico.
Si, Blanca, estuvo genial. Y el pan, buenísimo.
EliminarUn bico.