luns, 13 de xullo de 2015

REMATOU ESTE CURSO.

Unha das cousas que lle pediran á Fada Perella nas súas cartas fora que me convencera para que puidesen traer á aula xogos de mesa e divertirnos con eles. Xa sabemos do gran poder de convicción da nosa fada particular, así que, rematamos os últimos días facendo cousas diferentes.Un día, elaboramos un puzzle dun mapa de Europa que trouxo a clase Marcos Lesta. Ao principio costou un pouco, pero entre todos, conseguímolo!!!
Outro día tocaron os xogos de mesa. "Conector enciclopedia", "Mi primer libro de ajedrez","Caras y gestos" e "Mate , el juego de los tres poderes" fixeron as delicias de todos.
Noutra ocasión, formamos dous equipos para resolver o "Fin de curso" do libro de Mates e ao seguinte día,  tocaron equipos de tres para xogar ao "Stop" e a buscar no diccionario.
O último día, recibimos carta de Perella, que nos desexaba feliz verán, e repetimos a experiencia de montar tendas pola clase  e mercar e vender de todo. Ata tiñamos un banco e sabedes quen era a banqueira? Si, si, a profe!!!!
Aquí queda constancia  do que vos acabo de contar.


O último día tivemos que facer unha festa para despedir o curso como se merecía e entregar uns agasallos para deixar un bo sabor de boca.
ADEUS CUARTO!!!

4 comentarios:

  1. Un buen sabor de despedida con mucha actividad..
    Un besico.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Aprovechamos bien el final del curso, Blanca.
      Un bico grande.

      Eliminar
  2. Hola. os mellores días do curso son os últimos porque os xogos entran na aula. Nótase que desfrutaron moito. Feliz verán. Seguimos en contacto

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Marta, tes toda a razón; aínda que nós sempre buscamos oquiños durante o curso para xogar de cando en vez.
      Bo verán!!!
      Seguimos en contacto.

      Eliminar