Este ano o tempo decidiu acompañarnos para celebrar a festa do Deporte Escolar 2014-2015. Os anfitrións eran os profes e alumno/as do CEIP A Reigosa (Ponte Caldelas) e recibíronnos na súa marabillosa praia fluvial ( a primeira en Galicia de augas interiores con bandeira azul).Alí, en A Calzada, reunímonos todos os coles participantes para proceder á entrega de medallas. Despois dunha charla- exhibición, a cargo dun ex-alumno do cole de A Reigosa campión de taekondo, procedeuse ao reparto de copas e medallas. Como todos os anos houbo medallas para todos/as os participantes e copas por idades. Foi unha mañá de reencontro cos compañeiros e convivencia nun precioso enclave. Así é que damos por clausurado o Deporte Escolar!!!
Una actividad muy bonita al reencontrar compañeros de otros años.
ResponderEliminarUn besico.
Pues si , Blanca, nos hace mucha ilusión a todos (grandes y pequeños).
EliminarUn bico.