Que vos parece se facemos unha revisión trimestral de Lengua Castellana a través duns xogos?A ver se recordades ben o aprendido e, senon , repasamos un pouquiño.
Unha "sopiña de letras" para recordar as palabras que comezan por bu- ,bur-, bus-. Autor: Pablo Quintas Barros. Atopado en educaplay.
Antes de ver o xénero e o número dos nomes, repasemos as clases que coñecemos: comúns, propios, individuais e colectivos. De http://www.primaria.librosvivos.net/(pero saqueino do blogue de Isabel Piñero "Las Tic en Primaria")
Agora o xénero e o número do nome con esta actividade de ANAYA. Portal de la Junta de Andalucía.
Marchando unha de prefixos: pre-,re- mono-, poli- e semi- de ANAYA.
Concordancia entre nome e adxectivo. En Mundo primaria.(Si, xa sei que é de 3º , pero para repasar válenos igual).
Por último, por hoxe, adxectivos rematados en -avo,-eve, -evo...Unha actividade de ANAYA sacada do blogue de Isabel Piñero.
Hola profe!!!
ResponderEliminarComo non teño outra cousa que facer,xa que acabei os deberes a semana pasada, repasei Lengua e saleume todo ben menos un pouquiño os prefixos. Xoquei a todos e todos me gustaron. Grazas por poñelos,así non me aburro!!!!
Ola, Ana:
EliminarAlégrome que che gustasen os xogos e evitasen o teu aburrimento. Xa sabes que tes máis en http://osnososxogos.blogspot.com.es/
Non me acordaba grazas por recordarmo!!!Ahora mesmo vou xogar a algún!!!!!
ResponderEliminarAi, que cabeciña!!!!
Eliminar