sábado, 12 de julio de 2014

ATA SETEMBRO!!!

E por fin , CHEGOU A DIVERSIÓN!!! É o momento de descansar e desconectar un pouco para poder recargar ben as baterías. Nesta última entrada do curso quero ofrecervos  un par de cousiñas para pechar: en primeiro lugar, unha montaxe que fixen con moito cariño e algo de pesar,para agradecervos aos meus alumnos/as todo o aportado neste tempo. Hai moitas cousas que fixemos visibles a través do blogue e que foron estupendas pero eu, permitídeme esa licenza, quero quedarme con todas aquelas que pasaron no cole ou fora,  que non  foron públicas , esas que quedan entre vós e eu; entre alumno/a e mestra: os xestos, as confesións, as miradas, o entusiasmo..... e un montón de situacións máis que non se mercan,  vívense e séntense . Por todo isto, o meu eterno agradecemento.
(Se queredes ter as fotos que nos fixo a nosa fotógrafa particular(Vane) ou as montaxes que fixen eu, premede aquí.)

En segundo lugar, cólgovos o vídeo que realizamos nos últimos días do curso.  Que ninguén se fixe no acompasados que van nalgúns momentos, o mellor foi o ben que o pasamos bailando xuntos, coa profeVane e  os picariños  e sen dar clase, ou non? Grazas á profe por outo vídeo xenial!!!
Con el inauguramos  as vacacións no blogue. Podedes escribirme por correo electrónico ou ordiario(hai quen xa o fixo), ou poñer comentarios nas entradas e na caixa, porque de cando en vez pasareime a ver se hai noticias vosas.
Sen máis...BO VERÁN A TODOS/AS!!!

9 comentarios:

  1. Gracias profe,es un recuerdo muy bonito.Como hemos cambiado todos!!
    Será difícil olvidar estos momentos tanto nosotros como nuetros papis y mamis.
    Hemos hecho muchas cosas en estos cuatro años.
    Un beso y que pases un buen verano en compañía de tu família.
    Adrián y família

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vós,Adrián e familia. Foron catro anos estupendos coas súas cousiñas, pero todo superable. Disfrutade moito das vacacións xuntos. Biquiños.

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito o video, pero na primeira parte, en "como eramos" falta alguén....quen será??. Moitos bicos Sabela

    ResponderEliminar
  4. Unha pista, Sabe: están mencionados ao final. Biquiños e feliz verán!!!

    ResponderEliminar
  5. Grazas a ti profe por estar sempre apoyandonos e cuidandonos todos estes catro anos e tamén grazas por estes maravillosos recordos que nunca olvidaremos.
    Querémoste moito...
    Diana e familia.

    ResponderEliminar
  6. Que pases un bo verán profe !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    Biquiños

    Diana e familia.



    ResponderEliminar
  7. O sentemento é reciproco familia; xa o sabedes. Eu tamén me sentín coidada e apoiada e iso no poderei esquecer nunca.
    Pasade vós tamén un estupendísimo verán. Biquiños a todos.
    Di, non desesperes que todo chega, jejeje.

    ResponderEliminar
  8. Gracias por este recuerdo que espero
    nunca olvidar aunque no nos des en quinto profe nunca te ei de olvidar

    BESOS SANTI

    ResponderEliminar
  9. Graciñas, Santi. Que poético te vexo, jejeje. Eu tampouco vos esquecerei a vós; foron catro anos estupendos!!!
    Biquiños.

    ResponderEliminar