mércores, 18 de xuño de 2014

UN CONTRATO DE POR VIDA.


Xa sei que teño moitas cousiñas pendentes que subir ao blogue pero hoxe é un día especial  e isto corre máis présa.Na clase de 4º decidimos, por unanimidade, asinar un contrato que nos obriga  rememorar cada ano as mellores vivencias que recordemos destes dous primeiros ciclos de Primaria. O contrato chegará mañá á aula e esta será a entrada na que teredes que comentar este ano. Espero ansiosa o que teñades que dicir.

15 comentarios:

  1. Unha fermosa actividade! Seguro que vos queda un libro precioso cheo de vivencias únicas e irrepetibles. Unha aperta!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Natalia. Espero que quede chulo. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Que boísima idea, Anabel. Apúntoma!!!!!! Xa nos amosarás o resultado .Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Graciñas, Ana.A ver cal é o resultado. Un bico.

    ResponderEliminar
  5. Ola profe,chegou o día de escribirche un comentario.Que divertido!!!!!

    Estes catro anos paseino xenial contigo, pois fixemos moitísimas cousas divertidas e que sepas que eu sempre te recordarei como a mellor profesora e,ten claro,que anque teña máis ti sempre serás a miña preferida.Aun así é un momento super triste para todos nós e seguro que mañán non vai faltar nadie sen chorar.E unha experiencia moi rara que botes con nós 4 anos e despois desaparezas ,por eso estamos tan tristes,pero,non é a tua culpa ,temos que saber coñocer outros profesores pero estamos tan tristes que é un pouco imposible.

    Prometo firmamente recordar estes momentos tan ledos que tivemos todos xuntos.

    Queróte hasta o infinito profe Anabel!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    Estes mensaxes foron copiados do día 18 de xuño da caixa de comentarios;un pouco modificados.

    Diana.

    ResponderEliminar
  6. Querida Diana:
    Eu si que estou profundamente agradecida por esa inmerecida devoción que me profesas. Recorda que non desaparezo; seguirei no cole para o que precisedes
    Quérote ata o infinito e máis alá, a ti e aos teus compañeiros, e ten por seguro que non vos esquecerei xamais.
    Profe Anabel.

    ResponderEliminar
  7. Unha idea xenial, outra de tantas que tes profe. Paréceme interesante revivir o pasado, lembrarvos cada ano de tantos momentos que cpmpartístedes xuntos: o primeiro paso na etapa de primaria (cantos medos! Cantas incertidumes!), as primeiras lecturas e os primeiros escritos ( profe, esto como se escribe con "b" ou con " v"), o aprendizaxe das táboas (2x2=4, 2X3=6….. e veña repetir e repetir), as separacións dalgúns amigos, as crónicas (do Magosto, do Nadal,…. canto tivéstedes que contar), as filloas do Entroido, as cartas do verán, as visitas inesperadas,….. buff cantos recordos que non deben caer no esquecemento!

    ResponderEliminar
  8. Que razón tes , profe Vane. Valiosas aprendizaxes, momentos irrepetibles e preciosos recordos onde moitas veces apareces ti. Non debemos esquecer!!!

    ResponderEliminar
  9. Hola profe,quetal as vacacions?
    Estes 4 anos foron os mellores catro anos da miña vida contigo.
    E agora que firmei o contrato prometa que todos os anos por estas datas recordar os ledos momentos que pasei contigo.
    Paula Campos.

    ResponderEliminar
  10. Grazas profe Anabel


    Paula Campos.

    ResponderEliminar
  11. Ola , Paula. O verán parece que aínda non empezou e as vacacións tampouco porque nós seguimos indo ao cole.
    As grazas teño que darchas eu a ti, e aos teus compañeiros , por facerme pasar catro anos marabillosos.
    Moitos biquiños e goza do verán.

    ResponderEliminar
  12. Foron catro anos super chulos.



    Sabela

    ResponderEliminar
  13. Pois si, Sabela, foron catro anos intensos, produtivos e moi bonitos.

    ResponderEliminar
  14. Miña nai!!!! temos tanto para recordar que non sei se vos chegará cunha entrada o ano.
    A min se me ocorren tantas e tan divertidas…
    Eu nestes catro anos coa profe Anabel tamén aprendín moitas cosas, que gardo para mín e moitas outras dos seus alumnos.
    Refresquei a memoria coas tablas de multiplicar, porque ainda que non deba decilo moi alto, algunhas multiplicacións dudaba, os osos con Manolo e coas exposicións dos nenos, coñecín máis Forcarei ou todo porque non coñecía o voso pobo, as Pontes do Lerez, os apeos de labranza, e moitas cousas mais porque sempre era invitada a todas esas cousas distintas que facíais mais alá dos libros de texto. Pufff, demasiadas cousas para nombrar pero o mellor de todo, é que todo eso eu tamén o podo recordar porque me permitichedes ser unha mais entre vos. Grazas.
    marta

    ResponderEliminar
  15. Eu tamén recordo cousas preciosas destes catro anos. Fixemos moitas "aduanadas" e en case todas estabas ti, Marta. Invitada formalmente, ou polo" Yo me apunto"(p.e. cando viñeron as avoas), en todas as ocasións podiamos contar contigo, pero non solo coa túa presenza, senon con ideas, con axuda, con dúas mans habilidosas e algún pe que peta por debaixo da mesa...Eu tamén aprendín de ti e gardoo nun lugar especial; non sei quen terá máis que agradecer.
    Graciñas por estar, por axudar, por ser como es.Seguimos contando contigo porque sempre serás parte destes catro anos. Iso non no lo quita ninguén!!!

    ResponderEliminar