miércoles, 4 de junio de 2014

OS BOMBEIROS ACONSELLAN...

O luns foi unha xornada realmente especial. Visitáronnos os bombeiros!!!
Os bombeiros de Santiago, en colaboración co Concello de Forcarei e Protección Civil, realizaron no noso cole unha xornada de prevención de riscos. Pero iso non foi todo, os alumnos/as e mestres do CEIP de Soutelo de Montes, compartiron con nós a mañá.

Comezamos a xornada cunha charla  do bombeiro Miguel sobre temas de prevención e despois visionamos un vídeo. Este que vos deixo aquí: "Los bomberos te aconsejan".
Xa pola tarde puidemos tirarnos na tirolina (os máis atrevidos/as), probar as mangueiras, os profes apagamos lumes e falamos de primeiros auxilios e para rematar.....Festa da escuma!!!!
Preme sobre a foto para ir á noticia.
Foi un día inesquecible que nos deixou moi bo sabor de boca e uns agasallos realmente especiais!!!
GRAZAS A TODOS!!!

4 comentarios:

  1. Ole, pero guapos estabades todos con ese casco de bombeiro. Pasástelo xenial!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Que guapos estamos

    Santi

    ResponderEliminar
  3. Si, Vane e os mestres e demais asistentes(fundamentalmente mamás) tamén o pasamos xenial!!!!

    ResponderEliminar
  4. Santi, os que son guapos, non necesitan nin casco.

    ResponderEliminar