xoves, 10 de abril de 2014

PARTICIPAMOS!!!!

Este ano lieime a manta á cabeza e decidín participar na VIII Edición do Premio Espiral Edublogs 2014. Necesitei un pequeno( ou grande) empurrón para facelo.Pero xa está!!!
Este galardón pretende, fundamentalmente, valorar, recoñecer, visibilizar e animar o traballo  dos docentes que  a través desta ferramenta didáctica, queren levar a cabo  a súa labor pedagóxica ao abeiro do uso das TIC na aula.
Sei que pode soar pretencioso, que a andaina é curta e queda o infinito por aprender,que a competencia é dura e tal vez non esteamos á altura, pero, como dun cobarde nunca se escribiu unha historia, ninguén nos priva de probar sorte. É bonito soñar!!!
Deixádenos o voso comentario de apoio clicando na imaxe e facádenos ver que a nosa inconsciencia non é para tanto. Os vosos comentarios son o mellor premio; a ese  sí que podemos optar.

5 comentarios:

  1. Hola Anabel,soy Ludi intenté meterme en la página pero no pude me sale página no encontrada.Si me pudieras decir como puedo hacer lo hago con gusto,de todas formas lo seguiré intentando haber si consigo.
    Gracias. Un beso

    ResponderEliminar
  2. Ola, Ludi: Creo que non hai outra maneira de acceder á páxina. Desde o meu ordenador vai ben pero mirareino por se está mal a dirección. Moitas grazas pola intención.

    ResponderEliminar
  3. A mi me aparecio Ludi


    SANTI

    ResponderEliminar
  4. Hola, soy Ludi decidme por favor que tengo que hacer tras clicar en la foto.
    Gracias.

    ResponderEliminar
  5. Ola, Ludi. Tras clicar no debuxo ten que aparecer a páxina e ao fondo un recadro que pon, Publica tu comentario. Escribe e envia.
    Se non o consigues mádame o teu correo e intento explicalo mellor. Se non falamos á volta. Graciñas.

    ResponderEliminar