xoves, 23 de xaneiro de 2014

MOCHILA VIAXEIRA

Como cada ano, a Mochila Viaxeira, comeza a súa anadaina na clase de 4º chegada desde a Biblioteca.Este curso imos tela na casa unha semana , de martes a martes. É por iso que non vai demasiado cargada: unha revista, un cómic de Marcopola, un libro en inglés,un de poesía con CD dos poemas musicados e un libro sobre cadros e historias.Tamén leva un caderno viaxeiro para poder plasmar as nosas impresións sobre o material.
 Esperamos gozala moito!!!


6 comentarios:

  1. Espero que disfruten de tan boas lecturas. Á miña filla pequena que está en primeiro,este ano mandároslle comprar un cómic de Marcopola e encántalle. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Espero, Ana, que o efecto nos meus nenos/as sexa o mesmo. Como non son grandes lectores de cómic, quixen poñerlles algo sinxelo para enganchalos. Espero haber acertado.
    Un bico.

    ResponderEliminar
  3. ti sempre acertas profe.

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas, pola parte que me toca. Mañá en clase xa pregunto quen foi.

    ResponderEliminar
  5. fun eu Sabela e que se me olvidou escribir o nome

    ResponderEliminar
  6. Grazas, Sabela. É que me gusta saber quen opina.

    ResponderEliminar