xoves, 16 de novembro de 2017

TOLERANCIA 2017.

Imaxe atopada en monografías.com
O 12 de decembro de 1996 aprobouse nas Nacións Unidas, celebrar cada 16 de novembro o Día Internacional para a Tolerancia. Como podedes ver nas imaxes superiores a tolereancia é fundamental para a convivencia e ten na súa base unha palabra clave e totalmente necesaria : RESPECTO. Para entender ben cal é o concepto, observade neste acróstico as palabras que a engloban.
Fonte xa mencionada.
Déixovos un enlace a unha compilación de contos sobre o tema na páxina Cuentos para dormir.
Para finalizar un conto curtiño para non xulgar polas aparencias.
Obtido no canal de Youtube Same Lawliet.
Clica aquí para ver a entrada do ano pasado.
FELIZ DÍA!!!

martes, 14 de novembro de 2017

OS COGOMELOS E O LUME.

Imaxe atopada en Pixabay.com.
A comezos deste mes, tivemos a sorte de repetir charla con Roberto Jorge, Xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros .Xa estivera no noso cole, alá polo 2012 e aprenderamos moitas cousas sobre os cogomelos. Clicade aquí para velo.
Nesta ocasión tamén tratou o tema pero, a fatal actualidade, fixo que nos contase a acción do lume nos montes e o seu efecto devastador e nocivo.
Montaxe realizada con Pizap.
Noutra entrada ensinámosvos as nosas fichiñas sobre o que aprendemos.

domingo, 12 de novembro de 2017

PERELLA NO SAMAÍN.

Xa había moito tempo que non tiñamos noticias da nosa fada favorita. No día do Samaín, decidiu pasarse pola nosa aula. Trouxonos dúas sorpresas: unhas follas de rexistro de comportamento para poder conseguir estrelas semanais, que nos leven a sorpresas ao final de cada mes e unhas chocolatinas con temática arrepiante. Nótase que é un pouco larpeira.
Montaxe realizada con Pizap.
GRAZAS, FADA PRELLA!!!

mércores, 8 de novembro de 2017

MANUALIDADES.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Hoxe quero ensinarvos as arañas que fixemos na clase de Plástica para celebrar o Samaín. Saquei a idea de  I heart Crafty Things.
Necesitamos:
-Pratos de cartón brancos.
-Témpera azul, lila e branca.
-Cartolina negra e folio branco.
-Cola e cera branca.
-Depresores.
-Pinceis ou esponxa.
Primeiro, pintamos os platos  de azul ou lila (cada un escolleu o que máis lle gustou). Utilizamos pincel.Os depresores pintámolos de branco con esponxa.
Montaxe realizada con PiZap.
 Unha vez seco todo pintamos a tea de araña con cera branca ( fíxenlles un corte na paste superior do prato). A continuación, marcamos un modelo de araña na cartolina para que a recortasen e fixémoslle uns ollos cun rotu negro nun folio. Unha vez recortados e pegados, unimos a araña con cola a un extremo do depresor e... xa está!!!!
Montaxe realixzada con Fotor.

domingo, 5 de novembro de 2017

CELEBRANDO SAMAÍN.

Así lucía o noso salón de actos o luns pola mañá cando chegamos da fin de semana. Menudo traballazo!!! Quedou terroríficamente  precioso pero aínda quedou mellor cando o escenario se encheu coas cabazas feitas polos nenos/as e as súas familias.Cada ano supérannse!!!
Xulgade vós mesmos.
Agora mirade as dos meus nenos e nenas. As familias traballaron arreo!!!
A celebración foi apoteósica!!! Comezamos con xogos por quendas compartidos cos nenos e nenas de 5 anos: Gorros de bruxa (meter o aro), Bolos fantasmagóricos (bolos), Tiraña( tirar botellas cunha media na cabeza e una mazá na punta), Carreira ocular( carreira con culler e ollo) e Fantasma -Vampiro ( roda  para xogar ao pilla-pilla).
Despois vimos unha curta, escoitamos a historia"Fora daquí, horrible monstro verde" e rematamos a festa con 2 estupendos bailes.
Montaxes realizadas con PiZap.
MENUDA FESTA!!!