domingo, 22 de outubro de 2017

CONCIENCIANDO.

Imaxe obtida en Pixabay.com

O 22 de outubro é o Día Internacional para a Concienciación da Tartamudez. Pretende  a data poñer en coñecemento da sociedade  o problema, que non é unha enfermidade nin unha deficiencia.
Vexamos o que o dicionario DIGALEGO nos di  sobre o termo:
Tartamudez:Trastorno da fala que se caracteriza polas repeticións e interrupcións involuntarias na emisión das palabras que pode ter unha orixe psíquica ou orgánica.
O certo é que vivimos nunha sociedade de imaxe e pose, onde se non encaixas es obxecto de burla ou desprezo. Xa está ben de tanta superficialidade!!!!Aprendamos repectar o diferente,a empatizar co desvalido e a tender pontes para normalizar.
Compártovos unha preciosa carta dun neno de 10 anos que é moi feliz sendo tatexo. Bravo, Juan Carlos!!!
Recorda: as persoas tatexas so nencesitan un pouco máis de tempo para contar as cousas . Non as interrompas, non lle digas que non se poñan nerviosas e non remates as súas frases. O mesmiño que queremos para nós.
Para rematar un pouquiño de música coa canción El pato taratamudo. Todos a cantar!!!
Obtido no canal de Youtube Cantoalegre TV

xoves, 19 de outubro de 2017

LAZO ROSA.

Imaxe atopada na rede.
Hoxe é un día especial de conmemoración. Solo vos direi que celebramos que hai persoas enfermas que loitan para poñerse ben, e que  nós debemos apoialas  e facelas rir para que a curación chegue canto antes. Ogallá a investigación avance rápido, para erradicar esta e moitas outras enfermades, que borran o sorriso de milleiros de seres humanos.
Deixovos unha mensaxe positiva para que cantedes a pleno pulmón.
Obtido no canal de Youtube de Cadena 100

luns, 16 de outubro de 2017

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN.

Imaxe atopada en Pixabay.com.
Hoxe é un  día triste para a nosa terra e para todas aquelas que sufren a lacra dun lume que asola os nosos montes. Xa falamos do tema na clase e faremos algunha cousiña ao respecto, pero agora toca conmemorar o Día Mundial da Alimentación.
A FAO , que é a Organización das Nacións Unidas para Alimentación e a Agricultura, celebra o 16 de outubro, esta data  para recordar a fundación da Organización en 1945. Preténdese chegar ao obxectivo de Fame Cero no ano 2030. Que significa isto? Que se quere conseguir que ninguén pase fame, repectando o medio ambiente e sin ter que abandonar o país de orixe. O vídeo que aparece a continuación explica a campaña deste ano.
Obtido no canal de Youtube da FAO.
Para rematar, aí vos quedan dúas cancións sobre os vexetais e a froitas, alimentos que deben estar presentes na nosa dieta diaria.
Obtidos no canal de Youtube Doremi.

sábado, 14 de outubro de 2017

CAIXÓN DESASTRE.

Montaxe realizada con PiZap.
Hoxe é un día tan bo como outro calquera para que volte o noso Caixón Desastre. Xa sabedes que pode albergar moitas cousas: curiosidades, citas célebres, música, debuxos animados.... e calquera cousa que se me poida pasar pola cabeza!!!
Nesta ocasión ofrézovos os libros seleccionados para o catálogo White Ravens, elaborado anualmente pola Internationale Jugenbbliothek (International Youth Library). Contén 200 títulos de 56 países e escritos en 38 linguas que son especiais por algo. Na revista Babar.com tedes toda a información.
Clica para acceder.
Non deixedes de fixarvos na presenza galega con "Ollos " de Xulio Gutiérrez e "Verne y la vida secreta de las mujeres planta" de Ledicia Costas. Clicade nas imaxes para ter máis información.

PARABÉNS A NOSA LITERATURA E LITERATOS!!!

xoves, 12 de outubro de 2017

PREMIO.

Fai uns días recibín unha excelente noticia: o noso blogue recibe o galardón Blogger Recognition, que recoñece a labor blogueira que con el se realiza.
GRAZAS, Marisa Alonso, é unha honra recibir este premio da túa man.
 Deume moita ledicia!!!
Marisa Alonso Santamaría é unha excelente escritora de poesía infantil que ven de publicar "Fantasía en poesía"(Que é precioso!!!)  e participa nunha morea de proxectos editoriais . Ten moitos premios e un blogue  estupendo onde poderedes gozar das súas obras.
Pasádevos!!!!
Obtener este premio significa :
-Agradecer públicamente al que les galardonó.
-Escribir brevemente cómo comenzaron a iniciarse en Blogger y dar un consejo a los que comienzan en este mundo.
-Deben nominar o elegir entre 10 -15 Bloggers y avisar a los ganadores.
(Está escrito en castelán para que o entendan os galardoados).
Inicios en Blogger.
Polo ano 2011, unha profe dun curso de TICs, pediunos que creásemos un blogue como práctica.E niso se quedou, nun exercicio dentro dun curso máis. Despois dun ano, o blogue durmido, foi tocado pola variña máxica dunha fada rebuldeira, que pensou que quizais era o momento de poñerse en marcha.Mans á obra é...o soño fíxose realidade.
Non son niguén para dar consellos pero como é unha das condicións do premio eu diríavos que gocedes do voso traballo no blogue sen esperar nada a cambio.
Os nominados son...
-Actividades para Educación Infantil

PARABÉNS A TODOS OS PREMIADOS!!!