Imaxe obtida en Pixabay.com
O 22 de outubro é o Día Internacional para a Concienciación da Tartamudez. Pretende a data poñer en coñecemento da sociedade o problema, que non é unha enfermidade nin unha deficiencia.
Vexamos o que o dicionario DIGALEGO nos di sobre o termo:
Tartamudez:Trastorno da fala que se caracteriza polas repeticións e interrupcións involuntarias na emisión das palabras que pode ter unha orixe psíquica ou orgánica.
O certo é que vivimos nunha sociedade de imaxe e pose, onde se non encaixas es obxecto de burla ou desprezo. Xa está ben de tanta superficialidade!!!!Aprendamos repectar o diferente,a empatizar co desvalido e a tender pontes para normalizar.
Compártovos unha preciosa carta dun neno de 10 anos que é moi feliz sendo tatexo. Bravo, Juan Carlos!!!
Recorda: as persoas tatexas so nencesitan un pouco máis de tempo para contar as cousas . Non as interrompas, non lle digas que non se poñan nerviosas e non remates as súas frases. O mesmiño que queremos para nós.
Para rematar un pouquiño de música coa canción El pato taratamudo. Todos a cantar!!!
Obtido no canal de Youtube Cantoalegre TV








