venres, 15 de setembro de 2017

E PUNTO!!!!


Hoxe, 15 de setembro, celébrase  o Día Internacional do Punto. Dende fai uns anos, en escolas de EE. UU, Canadá e Inglaterra, festéxase este día como canto á creatividade que debe haber nas aulas. O "culpable" da creación de dita efemeride é Peter H. Reynolds, autor e ilustrador do libro "O punto" (entre outros). Xusto nesta data publicouse o libro, por iso se escolleu. Aínda así as actividades realízanse  nesa semana.
 Este gran evento xa ten recorrido a nivel mundial e son cada vez máis as persoas que participan nel. Se queredes inscribirvos, premede aquí. Atoparedes un manual para educadores con actividades e mesmo un diploma acreditativo para os participantes.
Aquí vos deixo unha entrada con moita información sobre o tema
Este ano, a nosa amiga Blanca, do blogue, Actividades para Educación Infantil, animounos a participar na festa, e decidimos facer unha aproximación o tema.
Xa vos contaremos!!!

mércores, 13 de setembro de 2017

O RATIÑO PÉREZ.

Imaxe obtida na casa museo del Ratón Pérez.

Hoxe gustaríame compartir con vós, sobre todo coas familias,  unha carta que vin nun muro de Facebook dedicada ao Sr.Pérez. Nesta misiva, Álvaro Fraile (o autor),faille unha serie de preguntas ao ratiño que poden ser de moito interese. Creo que a lectura resultará proveitosa e pode sevir de pé para a reflexión, sobre este tema e outros, que ao mellor se nos están escapando das mans.


Carta do Facebook de Álvaro Fraile.

luns, 11 de setembro de 2017

BENVIDOS A PRIMEIRO!!

Imaxe atopada en Pixabay.com.
Un ano máis damos comezo a un novo curso,  que nos levará por un sendeiro marcado a unha meta concreta. Iso é o que a priori parece pero...que nos deparará o futuro? Pois moitas sorpresas e unha morea de experiencias, que espero nos sexan agradables e construtivas a todos/as.
Para que o inicio sexa agradable comparto con vós unha deliciosa curta de Alyce Tzue , titulada "Soar". Creo que resume moi ben a actitude que debemos ter fronte a este novo reto, en particular, e fronte a vida, en xeral.
Obtida no canal de Youtube  Thr CGBros.

Un sorriso con Santy Gutiérrez para quedar con bo sabor de boca.

POR UNHA VIAXE APAIXONANTE!!!

xoves, 7 de setembro de 2017

PARA IR ABRINDO BOCA.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Para ir entrando en materia pouco a pouco imos  botar man dunhas recomendacións de lecturas sobre o inicio do curso.
Ollade que selección nos ofrecen en Colorín Colorado.
No blogue Apego, literatura y materiales respetuosos tamén nos ensinan varias posibilidades.
Espero que vos sexan de utilidade!!!

venres, 1 de setembro de 2017

COMEZAMOS!!!

Creado con Quozio.
Con  este fragmento dun precioso poema de Mario Benedetti douvos a benvida ao curso 2017-2018.
Con incertezas e inquietudes, con curiosidade e anhelos pero, sobre todo, con ilusión e esperanza damos por inaugurado o novo curso.
QUE TODAS AS VOSAS  EXPECTATIVAS SE CUMPRAN!!!!