Imaxe atopada en Pixabay.com.
Un ano máis damos comezo a un novo curso, que nos levará por un sendeiro marcado a unha meta concreta. Iso é o que a priori parece pero...que nos deparará o futuro? Pois moitas sorpresas e unha morea de experiencias, que espero nos sexan agradables e construtivas a todos/as.
Para que o inicio sexa agradable comparto con vós unha deliciosa curta de Alyce Tzue , titulada "Soar". Creo que resume moi ben a actitude que debemos ter fronte a este novo reto, en particular, e fronte a vida, en xeral.
Obtida no canal de Youtube Thr CGBros.











