domingo, 9 de xullo de 2017

MATES DIVERTIDAS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
 As Mates son unha asignatura que pode resultar apaixonante ou un tostón. Deixando a un lado as aptitudes de cada un para levalas a cabo e entendelas, nós decidimos darlle un toque divertido (sempre que puidésemos).
Xa no curso pasado crearamos uns signos para facer comparacións, que este ano reutilizamos.A nova invención deste curso foi o "Centenero". Fíxeno con  10 anacos de rolos de cartón sobre unha bandexa. Despois debían enchelos con dez fabas e conseguían... unha centena!!!
Eles foron os que bautizaron o aparello. Mirade!!!
Rincón matemático.
Quixemos traballar a multiplicación de moi diversas maneiras para saber de  onde saía. Neste caso axudoume moito o blogue de Ángela Marchán, Rincón de una maestra, de onde saquei múltiples ideas. Se clicades aquí, accederedes a todo o relacionado coa multiplicación   e a súa explicación.
-Utilizamos cubiteiras e pompóns.
 -Con bastonciños de algodón, pintamos os resultados con témpera.(Esta ficha é de creación propia).
 -Creamos cartas con todas as táboas  e ademáis da utilidade que lle deu Ángela tamén inventei un xogo. Consiste en repartir tres cartas.O primeiro xogador bota unha(resultado ou operación) e o contario pode resolver a multiplicación se ten a carta (e lévase a parella) ou roubar ata que a consiga.Gaña o que queda antes sin cartas.
Montaxes realizadas con Pizap.
Noutra entrada cóntovos máis.

venres, 7 de xullo de 2017

FRAN,URANO,CANDELA E MERCURIO.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
Nesta nova entrega dos Planetas, escoitaremos a Fran  contarnos unha morea de cousas sobre Urano e a Candela falar de Mercurio. Atendede ben!!!
Mentres se sucedían as exposicións, reunimos unha mostra de libros sobre o espazo para poder consultar e gozar.
Montaxe realizada con PiZap.

mércores, 5 de xullo de 2017

RECANTOS (II)

Montaxe realizada con PiZap.
Seguimos contándovos a distribución da aula neste curso.
-"Recanto Plástico". Nesta zona reliazabamos actividades de plástica pero tamén de xogo libre, matemático, etc. Era un recanto"rotatorio".
-"Recanto do traballo rematado". Cando o traballo chegaba  a súa fin , ninguén tiña por que aburrirse. Podía acudir a este lugar para  ver que facer. Premede aquí , onde xa volo adiantamos.
- "Recanto matemático".Aquí foi onde experimentamos coas centenas e inventamos o noso "Centenero", que funcionaba con fabas. Tamén multiplicamos de diversas formas e fixemos obradoiros matemáticos. Pero iso verémolo, noutra entrada!!!
Montaxes realizadas con PiZap.

luns, 3 de xullo de 2017

AITANA, NEPTUNO,ALBA E MARTE.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
Temos outra entrega de Planetas inminente. Esta vez, Aitana levaranos a Neptuno e Alba presentaranos a Marte.

sábado, 1 de xullo de 2017

RECANTOS.

Montaxe realizada con Pizap.
Neste curso que remata, organizamos a nosa aula en diversos recantos e zonas divertidas. Foron os seguintes:
-Zona de "Todos aprendemos" (Onde tiñan cabida os libros e as explicacións).
-"Recanto da Reciclaxe".(Mantivémolo do ano pasado porque estamos comprometidos co Medio Ambiente).Visitade a entrada"Voz natura " para ver o que fixemos durante o curso.
-"O Recanto dos Soños". Á nosa biblioteca de aula démoslle unha voltiña para  que fose un pouco máis acolledora. Realizamos tres exposicións temáticas (unha por trimestre): a do corpo humano , a do espazo e a das emocións. Coma todos os anos, fomos á Biblioteca do centro todas as semanas para levar a cabo  o Préstamo lector, co cal cubriamos unha ficha do libro lido de maneira voluntaria (mínimo unha ao mes).
Montaxes realizadas con PiZap.
Na próxima entrada os recantos restantes.