Como cada setembro chegamos á aula, este ano á de cuarto, con moitas ganas de vernos e de contarnos as aventuras do verán. Nesta ocasión, igual que o ano pasado, tivemos que buscar os nosos sitios a través dun "mapiña". A cousa tivo o seu aquel pero acabamos todos atopando o noso lugar.
Mirade chicos/as o que atopei buscando material de repaso! Uns divertidos xogos de lóxica de José Bustillo Rendón que poden divertir e estimular a vosa mente ao mesmo tempo. Incluso podedes xogar cos papás, mamás, avós/as,irmáns.....
(Recoméndovos comezar polo primeiro nivel para collerlle o tranquillo. Que nos coñecemos!!!).
Xa estamos aquí,outro setembro máis,desexando ver aos compañeiros e poñernos ao día sobre como nos foi no verán. Pero despois do primeiro contacto, preséntase a incerteza dun novo curso. A vida hai que enfrontala con valentía, gañas e ilusión e o que nos espera neste novo ano académico seguro que é digno de aplicarlle todas esas actitudes e incluso máis.