martes, 16 de decembro de 2025

NOVEMBRO DE CIENCIA.

Imaxe de tanrica en Pixabay.com
Despois de facer as cuñas en outubro, o mes de novembro trouxonos a ciencia, que tamén relacionamos co noso PDI. O equipo de Dinamización da Lingua Galega  baixo o lema “A flora tamén fala: experimentando coa ciencia” propúxonos facer unha serie de experimentos moi interesantes. En 1º de primaria realizamos: o transporte da auga polos talos das plantas.
Antes de empezar, aprendemos que é o método científico. Falamos de observar, preguntar, experimentar e sacar conclusións.
 
Obtido na canle de Youtube de Smile and Learn-Español
Nós simplifcámolo un pouco.
Infografía creada con Canva.com
Na próxima entrada mostrámosvos o experimento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario