xoves, 11 de setembro de 2025

NUNCA SE REMATA DE AGRADECER.

Artigo do xornal
Pois si que presta, si! Nun mundo acelerado, cheo de intelixencias que non son propias,onde nos deixamos aconsellar polo ruído e recibimos máis paus que flores, presta un artigo coma este. E senta ben por moitos motivos. Despois dun longo curso traballando co alumnado e preparando unha festa de 50 aniversario unhas verbas de agradecemento axudan a borrar os  pequenos desgustos ocasionados durante o traxecto. Porque si, señores e señoras, o noso vocacional facer tamén ten contratempos, erros, sustos, recriminacións... e un sinfín de  detalles que  nos quedamos para nós. 
A festa na que celebramos o anivesario do cole foi a culminación de meses de discurrir (sobre todo nas altas esferas), elaborar, colocar, limpar, tirar.... como cando tes visita na casa! E pasado o evento recibimos eloxios e cariño, aprobación e felicitacións que nos  fixeron sentir ben.
O que pasa é, que este artigo, me toca de cheo. Como me gusta esa defensa  do rural, do noso, de  aquilo que amamos e nos asusta perder. Como me emociona  ver que as mensaxes calan na alma, que se recoñece públicamente a labor docente, que se é parte activa dun centro. E como me conmove neste mundo, un tanto desnaturalizado, a delicadeza e recoñecemento coas persoas que coidamos (iso tamén é ser mestre/a).
GRAZAS Manolo por todo o anterior ( xa son moitos anos e o aprezo é mutuo).
GRAZAS ás familias implicadas que fan o noso labor máis fácil  e crean co nós aquipo polo ben  das súas crianzas.

(Xa sei que o artigo non é de agora (saíu no verán). Só quería que non quedase perdido nas vacacións😉).

2 comentarios:

  1. Manuel Villaverde Salgueiro11 de setembro de 2025, 22:10

    Mira que son pouco de comentar , pero con estas verbas non podo mais que repetir todo o meu agradecemento a tod@s e sobre todo as que me tocastes mais preto .
    Solo me queda a pena de que o espazo era pouco e tiven que deixar fora un montón de cousas que merecían estar .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois para o pouco espazo que era contaches moitas cousas.
      Grazas por pasarte polo blogue a comentar.
      Un saúdo.

      Eliminar