xoves, 30 de decembro de 2021

PERELLA (II).

Imaxe de Petra Boekhoff para Pixabay.com
A principios de mes veu a visitarnos Perella. Xa había un tempiño que non asomaba pola aula, aínda que correo si lle enviamos. Mirade, mirade!!!
Apareceu, coma sempre, de sorpresa e deixounos, coma moitas veces, unha sorpresa: o primeiro mandado do seu tradicional calendario de advento.
Montaxes realizadas con PiZap
Que en que consistía? Pois en agasallar apertas. Iso si, cada un na súa casa, para evitar posibles problemas. A idea tivo moi boa acollida pero non foi a única. Queredes saber máis?
Permanaecede atentos/as!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario