luns, 1 de xuño de 2020

SOMOS PIRATAS.


Imagen de OpenClipart-Vectors en Pixabay
Por fin comezamos xuño, rapaces/as!!!
Como estamos no último mes e está facendo moita calor; que vos parece se nos embarcamos cara a aventura nunha nova misión? Chegou o momento de sacar o pirata que levamos dentro e surcar os mares na procura dun tesouro.
Como queremos ser piratas instruídos/as, imos seguir preparándonos e facendo actividades nestas semanas.

Cóntovos varias cousiñas. Lédeas con atención:
1. Para saber o que hai que facer cada día, preme sobre o X co número de cada data.
O martes pídesevos unha portada para o voso diario aínda que eu creo que xa todos fixestes a vosa. Se é así; perfecto, senón tedes a opción de facela.
2. As contas teredes que colocalas nun folio e facelas pero o mecanismo de entrega é o mesmo.
3.Cando rematedes o traballo teredes unha sorpresa esperando no barco correspondente.
4. Esta semana teredes que facer unha nova gravación, de audio ou vídeo, dun minuto de duración lendo un conto en castelán. Despois deberedes subila ao voso padlet e avisarme nun correo.
5. Nesa ocasión poderedes escoller o que faredes con respecto a esta temática nestes quince días: convertervos en feros piratas, facer un barco pirata, elaborar un cofre que conteña os vosos maiores tesouros.... ou sorprenderme con calquera outra cousa que poidades imaxinar. Espero moito de vós!!!!
6. Gustaríame que forades pensando en facer un pequeno vídeo de despedida para os vosos compis de cara ao final de curso. Sería para entregar na terceira semana de xuño (sobre o 15 ou o 16). Ídeo pensando, practicando e a ver que sae!!!
Creo que polo de agora, nada máis. Meus aprendices de piratas , agarrádevos forte  porque...
ZARPAMOS!!!

8 comentarios:

  1. Qué manera tan divertida de planificarlas clases , tus alumnos son muy afortunados de tenerte.
    Un gran abrazo Anabel.

    ResponderEliminar
  2. Pues creo que voy a zarpar con vosotros, ja, ja. Un trabajo excelente, un besito muy bucanero.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Blanca, será un honor recibirte en nuestra tripulación.Estás admitida!!!
      Besitos de mar.

      Eliminar
  3. GENIAL, te ha quedado muy original. Los niños tienen que estar muy contentos.
    Un besico.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Yo creo que están contentos/as. Gracias, Blanca.
      Un biquiño.

      Eliminar
  4. Muy claras todas las instrucciones y una preciosa motivación, seguro quedan enganchados en todas las actividades.
    Saludos.

    ResponderEliminar