martes, 31 de marzo de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (VII).

Imaxe de Wikilmages en Pixabay.com
Bueno, bueno, bueno; xa estamos a martes. Non esquezades facer a vosa páxina de diario e enviarma por correo, por favor. Cada vez recibo máis fotos de astronautas marabillosos e preparadísimos para ir ao espazo. Estou encantada!!! Antes de mostrárvolas, traballemos un pouquiño. Buscade o que hai que facer en Urano.

Novos astronautas: Gabriel, xa tiña un disfraz  pero decidiu facer un traxe propio. Mar decidiuse pola cor azul. Dous modelos estupendos!!!
Onte chegoume a proposta de Gabriel para axudar aos demais nestas datas e non pode ser máis bonita. Fixeron un vídeo cunha poesía de Gabriel, recitada por el, con música e as ilustracións da súa madriña. Creo que lles quedou preciosa  a montaxe. Xulgade vós mesmos/as!!!
MAÑÁ MÁIS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario