mércores, 25 de marzo de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (III).

Imaxe de OpenClipart-Vectors para Pixabay.com
Día terceiro de misión; como vai a miña tripulación? E a confección dos traxes espaciais? Levádelo todo con moito segredo e eu estou impaciente!!!
Non sei se estades vendo as sorpresas que veñen tras facer o traballo; gustanvos? Dicídeme algo, por fi. Estaría ben saber a vosa opinión.
Para hoxe vai tocar....Venus!!!

Creo que xa non fai falla explicar que hai que facer.Solo fixádevos e facede as catro propostas de hoxe.
Non esquezades ler algún conto que teñades pola casa. É moi entretido e podes practicar a lectura.
Dicirvos que estou traballando nun carné especial para poder embarcarnos na nosa  aventura polo espazo. Como imos de coñecementos espaciais? Aprendede todo o que poidades, seguramente nos faga falla aí arriba!!!
VEEEEÑA!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario