sábado, 11 de maio de 2019

MÚSICA E LETRAS:

Foto dos melómanos/as (Fonte: Faro de Vigo)
Ven de celebrarse a 6ª edición dos Premios Martín Codax da Música. Entregáronse nunha gala no Pazo de Cultura de Pontevedra o pasado mércores, día 8 de maio. Baixo a dirección artística  do actor e director teatral Quico Cadaval, foi presentada polo dúo humorístico e poético, Aladaolado. Estes Premios, que promove  a Asociación Músicas ao Vivo, buscan visibilizar e recoñecer a diversidade e a calidade artística que temos no sector musical galego. Nesta edición foi galardoado, na sección de Metal,o grupo estradense, NAO. Non podía deixar pasar a ocasión sen facer mención deste feito pola vinculación ao grupo en varios aspectos (un deles é que son mestra dunha  "herdeira NAO").
Non eran novatos no tema, foi como pouco, a súa terceira nominación e o seu segundo Martín Codax. Parabéns Jasper, Gus, Torroncho e  Amós!!!(Facemos unha felicitación especial a Gustavo Brea, porque as túas fillas séntense profundamente orgullosas de ti e as súas mestras argallarán algo ao respecto).
Déixovos todos os datos dos premiados/as na imaxe. Se premedes sobre ela accederedes a  información detallada dos grupos en cuestión.
Gustaríame mencionar tamén ao  Galardón de honra, que este ano recaeu no saxofonista vallisoletano (afincado en A Estrada), Carlos Barruso. (Outra debilidade, como o temos adoptado...). Os premios e as homenaxes deben facerse para que os artistas gocen do cariño do público. Parabéns, Carlos!!
Carlos Barruso recibindo o Premio de Honra de G Santos (Fonte: Faro de Vigo)
Para rematar, o mellor é escoitar aos protagonistas. Escollín unha peza do seu último traballo "Ata que o lume se apague", no que xuntan  a súa arte coa de Tanxugueiras (tamén recoñecidas na categoría de Música Tradicional) e os SonDaRúa. Aquí vos deixo "Cultura crítica".
Obtido no canal de Youtube  de NAO Galiza
PARABÉNS AOS PREMIADOS/AS,PARABÉNS AOS FINALISTAS E A TODOS AQUELES QUE  TRBALLAN POLA NOSA CULTURA, QUE NON CALE A VOZ DO POBO!!!
Fotografía dos premiados de G Santos (Fonte: Faro de Vigo)
No mes das Letras e sempre, Lingua Galega e Música nas nosas aulas. Os beizos novos devolverán os azos á nosa cultura!!!

8 comentarios:

  1. Llevamos una temporada que entre premios, certámenes y celebraciones... Felicidades para los premiados y besos de finde para ti.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pues si, Blanca, todo son fiestas.
      Feliz domingo.
      Besitos.

      Eliminar
  2. Noraboa os premiados!!!!. Grazas por compartilo connosco. Ata a proxima.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas pola túa visita e comentario, Ana María.
      Pásate con Luis cando queiras.
      Un saúdo.

      Eliminar
  3. Qué lindas celebraciones¡Felicitaciones a todos los premiados!
    Que tengas una linda semana.
    Besitos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias, Sandra.
      Muy feliz semana para ti también.
      Besos.

      Eliminar
  4. Estaba todo correcto, moitas grazas pola difusión, e por suposto, polo cariño que mostras sempre

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas aos pais e nais implicados, e sempre, a quen defende a cultura.

      Eliminar