martes, 31 de marzo de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (VII).

Imaxe de Wikilmages en Pixabay.com
Bueno, bueno, bueno; xa estamos a martes. Non esquezades facer a vosa páxina de diario e enviarma por correo, por favor. Cada vez recibo máis fotos de astronautas marabillosos e preparadísimos para ir ao espazo. Estou encantada!!! Antes de mostrárvolas, traballemos un pouquiño. Buscade o que hai que facer en Urano.

luns, 30 de marzo de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (VI).

Imaxe de Debi Brady en Pixabay.com
Comezamos a nosa terceira semana de estar na casa e a última antes das vacacións. Non estades emocionados/as? Certo é que estas vacacións serán diferentes pero poderemos descansar das cousas do cole. Iso sona mellor!
A miña proposta para hoxe está agochada en .... Saturno!!!

domingo, 29 de marzo de 2020

DOMINGO RELAX.

Imaxe de J Lloa en Pixabay.com
Hoxe como é domingo toca descansar. Por iso vos propoño esta historia tan chula. Unha curtametraxe de animación sobre o conto adaptado: "A mellor sopa do mundo" da Editorial OQO. Realizado polo alumnado e profesorado do centro CEIP A Xunqueira 2 de Pontevedra ao abeiro do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! con fins educativos.
Que o gocedes!!!

sábado, 28 de marzo de 2020

ONTE FOI...

Imaxe de MikesPhotos para Pxabay.com
Como xa comentamos, onte foi o Día Mundial do Teatro.Este ano, pola causa que todos coñecedes, non se levantou o telón, nin houbo aplausos cando rematou a función. Podería darvos enlaces para ver teatro pero...por que non facelo nós mesmos?

venres, 27 de marzo de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (V).

Imaxe de Reimund Bertrams para Pixabay.com
Xa chegou o venres e podemos respirar a fin de semana!!! Claro que si!!! Aínda que estemos na casa podemos facer cousas diferentes ao resto da semana. Antes de gozar da mesma esta é a proposta de hoxe. Atoparédela en Xúpiter!!!

xoves, 26 de marzo de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (IV).

Imaxe de OpenClipart-Vectors en Pixabay.com
Xa chegamos a Marte!!! Hoxe é o planeta que nos dirá o que temos que facer. Recórdovos o do traxe espacial, xa vin algún que outro e son moi orixinais!!!
O traballo deste xoves é...

mércores, 25 de marzo de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (III).

Imaxe de OpenClipart-Vectors para Pixabay.com
Día terceiro de misión; como vai a miña tripulación? E a confección dos traxes espaciais? Levádelo todo con moito segredo e eu estou impaciente!!!

martes, 24 de marzo de 2020

AVENTURA ESPACIAL!!! (II).

Imaxe de Reimund Bertrams para Pixabay.com
Como van os preparativos da nosa misión? Espero que lle estedes dando ao caletre para facer o voso traxe espacial e tamén que vos gustara a sorpresiña de remate do traballo de onte.
Hoxe voltamos coa mesma dinámica:

luns, 23 de marzo de 2020

COMEZA UNHA NOVA SEMANA: AVENTURA ESPACIAL!!!

Imaxe atopada en Pixabay.com
Ola todos/as:
Que tal imos? Seguro que estades sendo moi responsables e seguides  as instrucións que nos marcan para que todo saia ben. Que sairá!!!!

domingo, 22 de marzo de 2020

SEGUIMOS CELEBRANDO!!!

Imaxe de Annalise Batista para Pixabay.com
Como non nos queriamos saturar onte de festa , seguimos hoxe co Día Mundial da Poesía. Xa tiña eu plans para facer cousiñas na aula pero....Tranquilos/as; algo argallaremos!!!

sábado, 21 de marzo de 2020

CELEBRACIÓNS POR UN TUBO!!!!

Imaxe de Annalise Batista para Pixabay.com
É comezar a primavera e todo son festas!!! O primeiro que me gustaría divirvos é que estamos en fin de semana e deberiamos facer cousas especiais que nos fagan sentilo así. Eu recomendo:

venres, 20 de marzo de 2020

OLA, PRIMAVERA!!!

Imaxe de Jill Wellington para Pixabay.com
Como quen non quere a cousa  chega a primavera pola porta e píllanos na casa, nun encerro que non nos entusiasma  pero que é necesario. Non poderemos saír inmediatamente a celebrala; todo se andará. No canto, na páxina da Sapos y Princesas aparecen algunhas manualidades relacionadas co tema.
Animádesvos?

mércores, 18 de marzo de 2020

HOXE TOCA....CELEBRAR!!!

Imaxe de Annalise Batiste para Pixabay.com
Xa sei que estamos en corentena, nunha situación extraordinaria pero.... quen dixo que non podemos celebrar cousas?

NOVA AVENTURA: DÍA 3.

Imaxe de Stefan Keller para Pixabay.com
Imos a polo 3º día!!!!! Comezaremos facendo algunhas aclaracións:
- Lede ben o que tendes que facer.
-Intentade facer o marcado no día correspondente. (Hai entradas no blogue con diversas opcións de ocio para o resto do día e xogos on line)
-Comunicádevos a través do correo clasedeanabel@hotmail.com

luns, 16 de marzo de 2020

NOVA AVENTURA:DÍA 2.

Imaxe de Ylanite Koppens para Pixabay.com
Ola a todos/as. Como vos foi o traballo do primeiro día? Bueeeenoooo; tranquilidade. Hai que adaptarse ás novas circunstancias. Como xa teño os vosos correos poderemos comunicarnos mellor.
O que si me gustaría dicirvos é que o mellor é que fagades  o que se vos manda por día. Que digo eu sempre? Hai que fixarse e ler ben as cousas!!!
Gustaríame proporvos que fotografedes algunhas das tarefas ou propostas que irán xurdindo estes días para compartilas entre todos no blogue. Mandáde as fotos ao correo de sempre
O plan de hoxe téndelo aquí:

COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA!!!

Imaxe de Dariusz Sankowski para Pixabay.com
Hoxe comezamos a nosa primeira semana de actividade na casa. Estou moi emocionada !!! E vós?
Pasei bastante tempo intentando deseñar un traballo que vos fose atractivo, de repaso e  non moi pesado. Espero habelo conseguido!!! 
É moi importante que fagades o que vos pedimos, xa que así non perderemos de aprender e estaremos máis entretidos/as.

domingo, 15 de marzo de 2020

QUE FACEMOS?

Imaxe de S. Hermann & R. Richter para Pixabay.com
Como ides  neste tempo de estar na casa? Así me gusta!!! Con optimismo!!! Para facervos máis levadeiro o tema vouvos deixar cousiñas para entretervos e aprender . (Algunhas son para profes, outras para familias e tamén hai para nenos e nenas).

venres, 13 de marzo de 2020

ANTE TODO MOITA CALMA.

Imaxe de Alexandra Koch en Pixabay.com
Miña nai!!!! Como un virus tan pequeno pode armar tanto balbordo? Pois xusto por iso. Como este virus é tan pequeno e traviesillo, contaxia a moitas persoas rapidamente. Pero non debemos ter medo, solo seguir as recomendacións dos profesionais da saúde,  que son os que máis saben disto.
Aquí vos queda un vídeo de Happy Learning que explica o que é o coronavirus é, o máis importante, que debemos facer para non contaxiarnos.

martes, 10 de marzo de 2020

CAIXÓN DESASTRE (VII).

Montaxe realizada con PiZap
Como esta semana estamos vendo en clase a vida de mulleres pioneiras galegas, hoxe no Caixón Desastre, déixovos esta estupenda presentación dos Viaxes de Exeria. Realizouna o Club de lectura de 1º da ESO do IES Monte das Moas. Ollade que ben lles quedou!!!

domingo, 8 de marzo de 2020

MULLER TIÑAS QUE SER!!!

Imaxe de  evarami.studio
A esta frase de inicio de entrada, que se suele considerar sentenciadora de algo negativo, imos darlle a volta para empezar a aplicala a todas esas cousas que facemos ben. Que quedas de primeira nun rallie... Muller tiñas que ser!!! ; que a comida quedou deliciosa... Muller tiñas que ser!!!; que inventaches a cura para unha enfermidade dexenerativa... Muller tiñas que ser!!! E o mesmo para os homes porque o que buscamos é a igualdade (de deberes e de dereitos), recoñecemento en todos os ámbitos da vida e poder querer e que nos queiran porque si!

venres, 6 de marzo de 2020

REPASAMOS A SUMA E A RESTA?

Imaxe de OpenClipart-Vectors en Pixabay.com
Como un repasiño nunca está de máis hoxe imos darlle á suma de dúas cifras e á resta dunha (que aínda non explicamos a outra). A ver que tal se vos da.

mércores, 4 de marzo de 2020

CELEBRACIÓN ROSALÍA 2020.

Imaxe atopada na rede
Como o Día de Rosalía, que foi o 24 de febreiro, estabamos en pleno Entroido, no cole celebrámolo o venres 28.
Antes de contarvos este día, falareivos do agasallo que levamos para a casa antes das vacacións de Carnaval. Trátase dun visor de constelacións, onde localizar a estrela de Rosalía de Castro. Desde decembro de 2019,a  nosa poetisa querida, brilla na constelción de Ofiuco, a 240 anos luz. Para poder vela sempre que queiramos fixemos este visor. 

luns, 2 de marzo de 2020

ENTROIDO 2020(II).

Hoxe toca contar a gran festa que vivimos o venres 21. Comezamos á mañá facendo fotos dos nosos estupendos disfraces, que eran de motivo libre.  Aquí vos deixo imaxes.