sábado, 21 de marzo de 2020

CELEBRACIÓNS POR UN TUBO!!!!

Imaxe de Annalise Batista para Pixabay.com
É comezar a primavera e todo son festas!!! O primeiro que me gustaría divirvos é que estamos en fin de semana e deberiamos facer cousas especiais que nos fagan sentilo así. Eu recomendo:
 
Infografía realizada con Canva
Aquí queda unha compilación de películas Disney que  a profe Silvana atopou nas redes.
Imaxe topada en Qué leer
Onte foi o Día Internacional da Narración Oral. Penso que non hai mellor maneira de celebralo que escoitando un conto ou historia da man dos máis expertos narradores: os avós. Se esa posibilidade non existe pedídello aos papás, que teñen que ir entrenando.
Hoxe celebramos o Día Mundial do Síndrome de Down. A Asociación Dawn Compostela proponnos esta actividade tan chula para festexar esta data. Poñede calcetíns desparellos, facédevos unha foto e compartídea nas redes. Se queredes podedes mandarmas e publicámolas mañá no blogue.
Eu propóñovos escoitar este precioso conto (aproveitamos aquí a narración oral) titulado "Tengo Síndrome de Down" de Helena Kraljic.
Obtido no canal de Youtube de Salvador Perello
Hoxe tamén é o Día Mundial da Poesía e o Día Internacional dos Bosques. Se vos parece , iso celebrarémolo mañá.

2 comentarios:

  1. Es bueno concentrarse en estas celebraciones para realizar actividades amenas en el hogar ¡muy buenas tus propuestas!
    Sigamos cuidándonos en casa.
    Un abrazo esperanzador.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias, Sandra.Mientras estamos en nuestras casas tenemos que buscar opciones de entretenimiento positivo.
      Otro abrazo lleno de amor.

      Eliminar