domingo, 22 de marzo de 2020

SEGUIMOS CELEBRANDO!!!

Imaxe de Annalise Batista para Pixabay.com
Como non nos queriamos saturar onte de festa , seguimos hoxe co Día Mundial da Poesía. Xa tiña eu plans para facer cousiñas na aula pero....Tranquilos/as; algo argallaremos!!!

Podemos ir empezando con estes poemas de Gloria Fuertes que nos falan de animaliños.
Obtido no canal de Youtube de guiainfantil
Agora unha historia de plena actualidade con Marisa Alonso, "El rey del momento".
Onte tamén foi o Día Internacional dos Bosques que pretende concienciarnos da importancia que estes teñen nas nosas vidas.
Obtido no canal de Youtube de #ZeroHunger #FAO
Para rematar a semana ollade como o pasan algúns compis que me mandaron fotos. Gabriel xoga ao Monopoly e Pablo ás cartas.
Manuela debuxou un arco da vella (non foi a única),na casa de María celebraron o Día da Síndrome de Down, Mar ensinounos a manualidade tan chula que lle fixeron a Germán, Pablo móstranos orgulloso o instrumento que fixo e na casa das chicas Brea están a pleno rendemento co instrumento tamén.
Creo que é unha boa maneira de pechar a semana. Mañá máis!!!!
Montaxes realizadas con PiZap.

Ningún comentario:

Publicar un comentario