Imaxe atopada na rede
Como o Día de Rosalía, que foi o 24 de febreiro, estabamos en pleno Entroido, no cole celebrámolo o venres 28.
Antes de contarvos este día, falareivos do agasallo que levamos para a casa antes das vacacións de Carnaval. Trátase dun visor de constelacións, onde localizar a estrela de Rosalía de Castro. Desde decembro de 2019,a nosa poetisa querida, brilla na constelción de Ofiuco, a 240 anos luz. Para poder vela sempre que queiramos fixemos este visor.
Xa o día 28, xuntámonos todos no salón de actos do cole e gozamos do recitado de poesías da autora. A profe Vane conducíunos, a través da biografía da autora,cara os versos declamados por diversos integrantes da comunidade educativa : Alberto (condutor de autobús), Lola (coidadora de autobús e nai de alumna),María, Marisé e Mari Carmen (persoal de cociña) e Giselle (nai de alumno e membro da ANPA). Tamén colaboraron moitos nenos e nenas, unha representación do conxunto. Vimos o noso vídeo, que nos fixo gran ilusión, e rematamos con agasallos para os participantes. Aquí vos deixo un vídeo da primeira parte do acto feito pola teacher María.
Ningún comentario:
Publicar un comentario