Imaxe de Reimund Bertrams para Pixabay.com
Como van os preparativos da nosa misión? Espero que lle estedes dando ao caletre para facer o voso traxe espacial e tamén que vos gustara a sorpresiña de remate do traballo de onte.
Hoxe voltamos coa mesma dinámica:
1. Os pasos son iguais aos de onte . O planeta que nos toca é Mercurio, agora iremos por orde.
2. Clicade no seu nome para saber o que tendes que facer.
3. Ficha 2 de Mates (ten un erro no signo das restas. Recordade:- menos)
4. Na ficha de Lengua seguimos con respostas elaboradas. Intentei poñer pistas.
5. No exercicio 3 de Ciencias hai unha frecha que despista. Non lle fagades caso!!
A proposta de hoxe consiste en enviarme algunha idea que poida axudar aos demais nestes difíciles días. Algo que nós poidamos facer polos demais, xa que un bo astronauta debe ser solidario/a.
Mañá espero ter algunha novidade chula sobre a viaxe.
A polo Martes!!!!
Bo día. María dime que o mellor é sair ao balcón a cantar e a bailar porque así acabamos saindo todos, podemos cantar, bailar, falar e pasamos un rato divertido.Por certo as 20:00 horas tamen saímos a aplaudir aos sanitarios.
ResponderEliminarHai que facerlle caso a María que sempre ten boas ocurrencias.
ResponderEliminarSigamos aplaudindo e bailando no balcón para manter a esperanza.