mércores, 22 de decembro de 2021

MANUALIDADES 3º (II).

Imaxe de Easy Paesy and Fun
Esta ano polo Samaín tocoulle ao morcego. Saquei a idea da páxina Easy Peasy and Fun  e creo que non quedou de todo mal.
-Repasaron as plantillas das partes sobre unha cartolina negra e recortaron.
-Colorearon ollos e boca en cartolina branca.
-Pegaron ollos, boca e patas e colorearon depresor para pegar.
-Por último, colocamos os encadernadores nas ás e a la para conseguir que se movesen.
Explicación con máis detalle aquí.
Xulgade vós mesmos nosas obras.
Montaxe realizada con Pizap
Montaxe realizada con Canva

2 comentarios: