xoves, 23 de decembro de 2021

PROXECTOS E CELEBRACIÓNS.

Imaxe de Prawny en Pixabay.com
Imos darvos conta dalgunhas cousiñas que nos quedaron pendentes do mes pasado.
Dende a biblio, xunto co equipo de NDLG,  fixéronnos unha proposta ben interesante: investigar por aula as diferentes tradicións do Samaín no mundo.Algúns dos países escollidos foron Xapón, Irlanda, Estados Unidos, México... E como non España! 
Ese foi o que escollemos nós, sobre todo para poder falar do Samaín galego. Fixemos unha recollida de información, posta en común e, por último, plasmámola nunha cartolina A3 (que foi o que se pediu dende a biblioteca). Esta é unha mostra do fantástico traballo que fixeron os nosos compis. 
Esta é a nosa montaxe.
Montaxes relizadas con PiZap
Na seguinte entrada, máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario