xoves, 16 de decembro de 2021

MANUALIDADES 3º.

Imaxe de rawpixel.com en Freepick.es
Comezamos a contar as manualidades que fixemos neste trimestre. A primeira foi a nosa folla de outono.
Atopei na internet un modelo de folla atravesada por liñas rectas e decidín facela da seguinte forma:
1.Colorear con ceras a folla utilizando as cores cálidas.
2.Facer figuras ou liñas nos cadros que rodeaban á folla con rotuladores empregando as cores frías.
3.Recortar o cadro e pegar a folla nunha cartolina laranxa.
4.Facerlle un marco arredor cunha troqueladora e selos de setas e trevos.
Este foi o resultado!
Montaxes realizadas con Pixabay.com

4 comentarios: