xoves, 31 de outubro de 2019

SAMAÍN 2019.

Chegados a esta terrorífica noite, compártovos o conto que vimos no cole para abordar os nosos temores : "Fiz, o coleccionista de medos" de OQO editora. En breve, ensinarémosvos os nosos baúles e todo o que fixemos arredor desta celebración.
Obtido no canal de Youtube  de OQO-Filmes
HAPPY SAMAÍN!!!

luns, 28 de outubro de 2019

RECURSOS DE SAMAÍN 2019.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Tocounos outra vez recursos!!! Como xa temos enriba o Halloween - Samaín compártovos algunha cousiña para esta época. (Nas páxinas de anos anteriores hai  moitas opcións xeniais!).
-Atopei no blogue, Ordenando mi cajón desastre, unha escolma de libros de monstros. Todos terroríficos!!!
- Na páxina de LOQUELEO de Santillana, compártennos recomendacións e ideas para esta festa no magacín de outubro.
- Na páxina  de manualidadesPlay tedes ideas a moreas.
- No blogue de Sapos y princesas aparecen unhas apetitosas receitas de Samaín. A ver se vos abren o apetito! (ou volo quitan!!). Nesta páxina tamén podedes atopar manualidades, disfraces....
-Consultade as entradas de anos anteriores na imaxe inferior.

sábado, 26 de outubro de 2019

RECURSOS OUTONO 2019.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Antes de que pase o outono sen colgar algún recurso sobre el, vouvos deixar algunhas actividades sobre a estación.
- Na páxina educapeques hai unha unidade didactica ben completiña.
-No portal educativo, Escuela en la nube, aparece unha compilación de materiais do outono.
- A páxina, Bosque de fantasías, ofrécenos unhas manualidades ideais para nenos/as.
-Nas entradas doutros anos tamén tendes moitas posibilidades. Premede na imaxe inferior.
Para despedir con boa boca, unha canción. Titúlase "No outono" e chega desde o CEIP Fondo de Nois. A ver que vos parece!!
Obtido no canal de Youtube Fondo Nois

xoves, 24 de outubro de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA E DAS NACIÓNS UNIDAS 2019.

Cartel de Miguel Calatayud
Como cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. Neste mes dez do calendario temos moi presente este templo de cultura, lugar de refuxio e conforto da alma, onde aprender, investigar e gozar. Este ano escribiu o pregón Gemma Pasqual i Escrivá, escritora valenciana, e realizou o cartel,  o alacantino, Miguel Calatayud .
Na páxina de Amigos del Libro Infantil y Juvenil podedes atopar máis información sobre este evento (incluído o pregón deste ano titulado: A sen conto). Premede na imaxe.
Neste enlace tendes as entradas doutros anos.
Imaxe obtida en Ideas que ayudan
Tamén o día 24 celebramos  a festa da Organización das Nacións Unidas (ONU), que se encarga de preservar a paz mundial, a seguridade, a loita contra a pobreza e a inxustiza no mundo.
Na páxina  diainternacional.com, cóntavos máis cousiñas.
Entradas de anos anteriores, aquí.
FELIZ DÍA!!!

martes, 22 de outubro de 2019

OUTRA TANDA DE DÚAS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Hoxe quero falarvos de dúas celebracións que nada teñen que ver a unha coa outra pero teño que aunar esforzos porque senón... Non dou a basto!
O 22 de outubro é o Día Internacional para a Concienciación da Tartamudez desde o ano 1998. Considerada un trastorno comunicacional é so unha dificultade  na fala. Porque os disfémicos falan, un pouco máis tarde, repetindo as sílabas... pero falan. Por iso, con esta celebración preténdese eliminar a discriminación e promover oportunidades para quen  padece o trastorno.
De todos os xeitos; quen non ten dificultades nalgún ámbito da súa vida? Eu son a primeira que si as teño e estou no mundo. Aprendamos a vivir coas dificultades, tentando superalas e nunca apartando a quen lle custa.
Aquí vos deixo información sobre o tema da páxina diainternacionalde.com.
Premede aquí para ver a entrada do ano anterior.
Imaxe atopada en Pixabay.com
Onte, 21 de outubro, foi o Día Mundial do Aforro de Enerxía, tema de vital importancia para o coidado do noso Planeta. Se todos/as facemos pequenos xestos podemos conseguir un gran beneficio para mellorar a nosa casa.
Hai información interesante na páxina diainternacional.com.
Atopei, na páxina de Factorenergía, uns xogos para facer na casa e concienciar aos máis peques da importancia da boa utilización dos recursos naturais.
Para rematar uns consellos para aforrar enerxía que os podemos aplicar a todos os ámbitos da nosa vida.
FELIZ DÍA!!!

sábado, 19 de outubro de 2019

CAIXÓN DESASTRE (II)

Montaxe realizada con Pizap.
Hoxe no noso Caixón Desastre , traemos unha conmemoración do mes de outubro. Aínda que xa pasou non está demais un pouco de información.
Do 4 ao 10 de outubro celebrouse a Semana Mundial do Espazo. E coincidindo co 50 aniversario da chegada do home á lúa (20 de xullo de 1969), escolleron como lema "A Lúa: porta de entrada ás estrelas".
Na páxina das Nacións Unidas fálanvos do tema.
Tamén vos deixo un vídeo estupendo sobre o paseo lunar de tres amerianos ( os primeiros!!).
Vídeo obtido no canal de Youtube de Once Niños

mércores, 16 de outubro de 2019

SEMANA DA ALIMENTACIÓN.

Imaxe atopada en Cuídate y come sano.
Hoxe , 16 de outubro, celebramos o Día Mundial da Alimentación desde fai corenta anos.
O lema deste 2019 é "Unha alimentación sana para un mundo #FAMECERO", co propósito de fomentar as dietas sanas a través das redes sociais. 
Para máis información visitade a páxina da FAO.
Moi relacionado con este tema está a celebración do Día Mundial das Froitas e Verduras, que este ano se celebrará o día 18 deste mes. A iniciativa impulsada pola  Alianza Global de Promoción ao Consumo de Froitas e Hortalizas "5 ao día", pretende sensibilizar á sociedade da importancia do consumo de froitas e hortalizas para asegurar unha alimentación correcta, evitar a obesidade e axudar a coidar o noso planeta.
Preme na imaxe para saber máis.
Onte, que foi 15, tamén tiñamos celebración a do Día Mundial do Lavado de Mans. Esta data está chamada a concienciar á poboación de que un pouco de auga e xabón poden salvar moitas vidas.
Imaxe atopada na rede.
Atopei este carteliño en Cruzsalud que nos explica algunhas cousiñas.
Os Lunis , en Clan, cántannos "Lávate las manos". A que esperades!!
Vídeo obtido no canal de Youtube de Manuel Wölk
Consulta as entradas de anos pasados, aquí.
FELIZ SEMANA!!!

luns, 14 de outubro de 2019

CHICAS E LETRAS.

Imaxe de LOQUELEO- Santillana
Cada luns máis próximo ao 15 de outubro ( data de nacemento de Santa teresa de Xesús), celebramos en España o Día das Escritoras. Este é o cuarto ano no que se persegue facer visibles ás mulleres na literatura e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia.
Na páxina  deste día atoparedes as actividades de hoxe e se premedes sobre a imaxe superior da entrada, teredes unha sorpresa.
Dentro da selección de textos de autoras españolas e hispanoamericanas, que se len na Biblioteca Nacional de España por parte de persoeiros de distintos ámbitos da sociedade española,aparecen tres autoras galegas: Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán e Maruxa Orxales. Quédavos o texto que se lerá dela.
Como noticia relevante relacionada con esta data direivos que o pasado 10 de outubro se concederon os premios Nobel de Literatura dos anos 2018 e 2019. Olga Tokarczuk e Peter Handke foron os galardoados respectivamente. A polaca Olga Tokarczuk é a 15ª muller en recibir o premio, dentro dos 116 recoñecidos co galardón ao longo da súa historia. Aínda falta moito camiño cara a igualdade! Paso a paso!
Olga Tokarczuk e Peter Handke por Niklas Elmehed
Visitade as entradas de anos anteriores, clicando aquí.
FELIZ DÍA!!!

xoves, 10 de outubro de 2019

CELEBRANDO O DÍA DO PUNTO.

Imaxe obtida na páxina de Mi Petit Madrid
Xa case vai un mes alá da celebración do Día do Punto e aínda non vos mostramos o que fixemos coas nosas "marcas". Despois de ver o vídeo do conto de Vashti, decidímonos a facer un punto. Dinlles dous modelos, un en branco e outro dividido en catro partes. Despois cada un coloreou como quixo: con ceras duras, con rotuladores ou con ceras Manley. Tras recortalos, pegámolos nun puntazo xigante para facer un mural. Este foi o resultado!

martes, 8 de outubro de 2019

QUE SENTIMOS O PRIMEIRO DÍA?

Imaxe atopada en Pixabay.com
Ademáis de dedicarnos a buscar a nosa aula e a descifrar as pistas para saber onde sentarnos , o primeiro día de clase tamén fixemos uns debuxos nos que expresamos como nos sentiamos. Ollade as nosas primeiras impresións!
Clica no cadrado (borde inferior dereito) para velo mellor.

sábado, 5 de outubro de 2019

FELIZ DÍA, DOCENTES!!

Imaxe obtida na rede
O 5 de outubro celebramos o Día Mundial dos Docentes, grazas á súa proclamación pola la UNESCO e a Organización Internacional do Traballo (OIT). Este ano o seu lem é "Docentes xóvenes: o futuro da profesión". Na páxina da UNESCO tedes toda a información.
Atopei  na páxina de Apego y literatura, un listado de contos para agradecer aos mestres/as a súa labor e dedicación. Non estou insinuando con isto nada, solamente dicirvos que son libros preciosos (dos cales teño a sorte de haber recibido algún) e que debemos ser sempre agradecidos. Si nos desvelamos polos nosos nenos/as, buscamos maneiras de motivalos, queremos que aprendan e que se formen e, que algún día, se convirtan en boas persoas.
E como hai que predicar co exemplo, para todos os meus mestre/as GRAZAS!!
As entradas dos anos anteriores espéranvos, aquí.
Non esquezo que onte foi o Día Mundial dos Animais. Se premdes sobre a imaxe teredes unha sorpresa.
FELIZ DÍA!!!

martes, 1 de outubro de 2019

OS ANOS PASAN.

Irene Ryan e Edgar Buchanan en Pixabay.com
Hoxe é o día Internacional das Persoas de Idade, que se celebra  cada 1 de outubro desde o ano 1991.
Ai, como pasa o tempo! Hoxe díxome María: "-Profe, xa estamos en outubro. Tiñas razón cando dixeches que os meses pasaban moi rápido". E tanto que teño razón, María. Canto máis medres,  máis rápido pasará o tempo. Chegaremos a vellos e pediremos respecto, quereremos compaña e esixiremos atencións. Pero antes diso teremos que respectar, acompañar e atender aos nosos maiores; non para que nos fagan o mesmo a nós,  senón para devolverlles o que fixeron eles por nós e  porque somos boas persoas e iso é o que hai que facer.
Celebrarémolo con esta preciosa canción da película "Coco" dun neto á súa avoa.
Obtido no canal de Youtube de DARIEL 13HD 3.0
Non vos esquezades de ver as entradas de anos anteriores, aquí.
FELIZ DÍA!!!