mércores, 20 de novembro de 2024

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA (2024).

Imaxe de Noelia Martín de Mi cole al día
Cada 20 de novembro, o mundo celebra o Día Mundial da Infancia, unha data que lle dá importancia a protexer os dereitos dos nenos e nenas de todo o planeta. Este día conmemora que a Asemblea Xeral das Nación Unidas adoptou a Convención sobre os Dereitos dos Nenos en 1989, un acordo histórico que recoñece aos menores como suxeitos plenos de dereitos, sen discriminación algunha.
Neste vídeo de UNICEF podedes ver os vosos dereitos.

Obtido na canle de Youtube de Once Niñas y Niños
O Día Mundial da Infancia é un recordatorio de que, a pesar dos avances, aínda hai moito traballo por facer. Un número elevado de nenos e nenas segue sufrindo debido a guerras, desastres naturais ou desigualdades económicas e sociais. Moitos viven en situacións de vulnerabilidade.
Nest data reflexionemos sobre todo o que queda por conseguir e sexamos conscientes do que xa temos.
Imaxe de Noelia Martín de Mi cole al día
FELIZ DÍA!!!

2 comentarios:

  1. Feliz día para todos/as eles!!
    Día especial tamén para os que temos a sorte e a responsabilidade de estar con eles cada día poñendo o noso gran de area para que o seu día sexa un pouco mellor.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Feliz día, Sonia e Vera. Xa falamos hoxe dos nosos dereitos e deberes e chegamos á conclusión de que temos moita sorte. Grazas, familias!
      Un saudiño.

      Eliminar