Imaxe de Marc Pascual en Pixabaycom
Pechamos hoxe as entradas sobre a celebración conxunta do Samaín e o Magosto, que este ano bautizamos como Samagosto.
Durante a semana anterior á festa xa empezaramos a celebración cun "Breakout" que nos propuxo a teacher. Foi así como andivemos polo cole resolvendo pistas para evitar que saltase polos aires. Fixémolo moi ben porque o cole segue intacto. Mirade como resolvemos os crebacabezas da biblio.
Xa o día en cuestión, comezamos o recreo degustando as castañas asadas e un chocolatiño quente, que sempre presta ben.
Con semellante tentempé xa tiñamos forzas para xogar e fixémolo no salón de actos a todo un clásico "A castaña que estoupa". Despois de recoller o agasallo por facer as cabazas, fomos ata a aula e vimos a peli de "Monstros S.A.". Ah! E non podemos esquecer que ese día nos visitou a fada Perella e trouxonos unhas gominolas e uns caramelos que pintaban a lingua. Esta Perella!!!
Montaxes realizadas con Pizap.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario