Cadro de Rosalía de nova de Herber Luis Gil
Que día tan emocionado e emocionante o que hoxe vivimos no cole! Rosalía, máis viva ca nunca nos beizos do noso alumnado,espallándose no ar con cada verba pronunciada e enchendo de vida as nosas almas desexosas de arte. Rosalía, antes viva, ca danzando coa Estadea da Compaña na dimensión oculta que a nosa lingua viviu nos Séculos Escuros.
ROSALÍA, Á FIN, SEMPRE VIVA!
Para festexala na súa data, compartireivos o vídeo que cada ano fai o Concello de A Estrada. Nesta ocasión, o poema escollido é "Un pelouro que roda" de Follas Novas, a música e voces ponas A banda da loba e a realización, Lucas Terceiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario