Imaxe de ArtRose en Pixabay.com
Este ano o noso Entroido foi especial. Foino por varios motivos pero, o principal, é que fixemos o desfile por Forcarei fóra de data. Xa vedes, o tempo que é moi traizoeiro! Como o día 9 de febreiro estaba unha mañá especialmente desapacible decidimos adialo para o 16. O día anterior nas tiñamos todas con nós (o pronóstico era regular) pero chegado o momento, lanzámonos á aventura!
O noso animalario particular comezou a desfilar cun rabaño de adorables ovelliñas guiadas por dúas máis veteranas, as profes Vane e Puri. A continuación, ían unha bandada de mouchos preciosos coa profe Isa á cabeza. No terceiro lugar tocábanos a nós, un enxame un pouco alborotado por un abázcaro rebuldeiro (o profe Xosé), que incitaba á polinización e unha raíña que intentaba manter a orde (algunha vez teño que poder mandar eu!). Seguíanos o mariñeiro profe Héctor, cunha rede chea de brillantes peixiños e tras eles, unha manda de raposos e raposas ben guapos/as que seguían á profe Eva. Fuxían dun cazador con moitos cans, o profe Toño, que non conseguiu cazar a ningún. Ía monísima a nosa Carolina (profe Vane) co seu lagarto na saia e outros cantos, verdes e alegres, que a seguían alá onde ela ía. Pechaba a comitiva dona Julia (o profe Julio) que levaba tras de si ,un fermosísimo galiñeiro con poliños, galos e galiñas. Con tanta animalada, menos mal que tiñamos boa sinalización , os profes, Javi e María, avisaban do perigo dos animais soltos polas rúas.
Foi un día moi divertido no que o pasamos xenial. Temos que darlle as grazas especialmente ao profe Xosé, xa que nos axudou durante todo o proceso e no día do desfile. Sen esquecernos do equipo de costura, onde as nosas costureiras particulares fixeron un traballo espectacular.
GRAZAS A TOD@S!!!
O video estivo moi chulo!
ResponderEliminarGrazas por facernos disfrutar tanto ese día!
Vera
O certo é que o pasamos tod@s moi ben!.
EliminarUn saúdo.