Imaxe obtida na páxina de Fundación Aenilce
Quedaramos sobre as 11 da mañá coa intención de realizar diferentes actividades: un contacontos para infantil e obradoiros diversos por ciclos. En 5º e 6º estiveron traballando o coiro, facendo cestos, alfombras....un obradoiro alucinante!! Para 1º e 2º ciclo tocáronnos vivencias sensoriais.Os de 3º e 4º fomos para o salón de actos e , despois das presentacións, dividíronnos en 2 grupos mixtos. Tiñamos que facer unha serie de probas para conseguir as palabras da frase secreta. Comezamos descifrando Braille, signando coas mans e buscando palabras a bordo das cadeiras de rodas que nos prestaron. Foi ben divertido!
Montaxes realizadas con Pizap.com
Volvede cando queirades;nós, encantad@s!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario