Imaxe de mihailfeciorunatur en Pixabay
Despois da visita recibida, ao día seguinte, saímos nós para disputar o campo a través cos coles da zona. Tocounos acudir a Caritel, situado en Pontecaldelas. Tras varias tempadas suspendido e, varios intentos fallidos,por fin chegou o día.
Cos compañeiros/as de 3º, 5º e 6º desprazámonos en autobús ata a zona onde se celebraban as competicións. Despois do quecemento fomos correndo en quendas por idades e ao rematar esperábanos un pequeno tentempé, composto de auga, froita, chocolate e madalenas.
Foi un día estupendo, no que o sol brillou e escorrentou o frío!!! Só tedes que vernos para facervos unha idea.
Montaxe realizada con Pizap.com
Un brindis por la paz, por el amor y la salud. Feliz Año Nuevo.🍻🎆
ResponderEliminarFeliz Año!!!
Eliminar