Imaxe obtida en Freepik.es
Este venres o alumnado de 1º de Primaria gozamos dunha merenda compartida moi especial. Entre todos e todas trouxemos unha gran variedade de alimentos para compartir cos compañeiros e compañeiras: plátanos, mandarinas, fresas, galletas, bombóns, bica e mesmo chocolate quente no que metemos as froitas!
Foi un momento moi agradable no que, ademais de merendar, aprendemos a compartir, a convivir e a desfrutar xuntos dun tempo diferente na aula. As caras de ilusión e alegría foron as verdadeiras protagonistas da xornada.
Velaquí unha mosta.
Montaxe realizada con Canva.com
Queremos dar as grazas ás familias pola súa colaboración e implicación, que fixeron posible esta actividade tan enriquecedora para a nosa aula.
Seguimos aprendendo e compartindo!

.png)
Os pais dos pequenos estamos encantados tamén vendo canto disfrutan estas actividades extraordinarias que lles propoñes. Un saúdo.
ResponderEliminarEncantados estamos os mestres/as cando vemos que os nenos/as aprenden, desfrutan e as familias colaboran. Grazas, Andrea, por pasarte e comentar.
ResponderEliminarUn saúdo.