sábado, 31 de maio de 2025

NA GRANXA DE.... FERVENZAVENTURA!!!

Imaxe de Fervenzaventura en Abades

Hoxe imos falar de como comezamos o mes e maio.Vivimos unha aventura moi divertida toda a cativada do centro: fixemos unha saída a Fervanventura en Abades. Foi un día cheo de emocións, risas e novas experiencias.
Ao chegar, o primeiro que fixemos foi probar o tiro con arco. Emocionante aprender a apuntar e disparar. A algún deuselle bastante ben (á profe non, que ten mala puntería). Despois, tocou o rocódromo, onde os nenos/as tiveron que escalar e demostrar a súa forza e destreza. Tamén houbo mestres atrevidos/as!!!
Logo, chegou o momento da tirolina. Ao principio había un pouco de vertixe pero tan pronto como se lanzaron o medo desapareceu e tan só o desfrutaron.
Ao mediodía, sentamos a comer. Bocatas, froitas, algo doce...... Todo saboroso!!
Montaxe creada con Canva.com
Despois da comida, xogamos no bosque. Fixemos xogos tradicionais, corremos entre os árbores e descubrimos plantas e animais. Foi unha tarde moi divertida e educativa, en contacto coa natureza.
Xa ao final do día, volvemos ao cole cansos e moi limpos pero felices, con moitas historias para contar. Foi un gran día!!
Coma sempre tivemos que escibir o vivido.Velaquí as nosas impresións

Montaxe realizada en Calamèo

2 comentarios:

  1. Un día muy divertido y los trabajos geniales. Un besico

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. ¡Muchas gracias, Blanca!! Lo pasamos genial.
      Un besote.

      Eliminar