Ilustración de Luis Davila e montaxe realizada con Canva.com
Xa está aquí o 17 de maio, o Día das Letras Galegas, e este ano 2025 é moi especial, porque por primeira vez se lle dedica esta celebración ás mulleres cantareiras, esas mulleres que coidaron e cantaron as nosas cancións tradicionais de xeración en xeración.
As cantareiras eran mulleres do pobo, que cantaban nas festas, nas feiras, nas casas e mesmo nos campos mentres traballaban. Grazas a elas moitas cancións galegas antigas chegaron ata hoxe. Cantaban con moita forza e sentimento, usando a súa voz para contar historias, alegrarse ou lembrar momentos tristes.
Para celebrar este día, compártovos o programa de radio que fixemos sobre a figura de Eva Castiñeira
Se queredes gozar do resto de programas feitos arredor das Letras podedes visitar o blogue da biblioteca premendo aquí.
O galego non só se fala, tamén se canta. E grazas ás cantareiras, hoxe podemos seguir gozando desa música tan nosa.
Velaquí a mostra nesta época actual. As Tanxugueiras renden homenaxe a Leía;a todas lles debemos tanto!!! Pero antes houbo outras, esas que non eran coñecidas e das que hoxe celebramos o seu día.
Este 17 de maio, ergamos a voz polo galego, como fixeron as nosas cantareiras!
Tira de Luis Davila, O Bichero
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
FELIZ VIDA DAS NOSAS LETRAS!!!
Orguio da nosa cultura e que os nenos/as poidan sumerxirse nela.
ResponderEliminarEsa tamén é nosa misión dende a escola; poñer en valor o propio!!
EliminarUn saudiño.