mércores, 1 de maio de 2024

EN MAIO...

Imaxe de Mohammad Usman en Piaxabay.com
Chegou o mes de maio cargado de flores e letras. Así nolo describía  Manuel Curros Enríquez:
Ahí ven o maio
de flores cuberto…
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min extendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros. 
Se queredes ler o poema completo premede aquí.
Antes de poñernos de festa vexamos quen é a nosa  muller destacada do mes (co permiso de Luísa Villalta, claro).
No mes de maio naceu... Antonia Ferrín Moreiras. Nada en Ourense no ano 1914, Antonia foi a primeira muller española en defender unha tese doutoral sobre astronomía. Para saber máis sobre ela visitade a  páxina da Agrupación astronómica coruñesa ÍO premendo na imaxe.
Agora xa podedes consultar as conmemoracións  que poderemos festexar en maio.
Montaxe realizada con Pizap.com

2 comentarios: